Sofía Urdiales , nova fútbolista da EFF Rosalía Infantil

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía e Sofía Urdiales ( 2008) chegaron a un acordo para que esta última convértase en futbolista azul para a próxima tempada. A defensora aterra no equipo infantil desde o Meregreen School de Birmingham (Inglaterra).

Sofía no momento de firmar pola EFF Rosalía.

Sofía chega a facer os seus estudios de primeiro da ESO despois de seis anos fora de España. Cursou os seus derradeiros seis cursos entre Inglaterra e Polonia “Coñezo este club porque a miña madriña que vive en Ourense recomendoumo. Góstame moito o fútbol e nos recreos xogaba cos meus compañeiros. Estudiei en Inglaterra 3 anos e no meu derradeiro ano nese país uninme no equipo de fútbol da zona, o Meregreen School. Honestamente non aprendín nada e dábaseme mal. Despois fúmonos ca miña familia a Polonia outros 3 anos ao Colexio Internacional Wis de Wroclaw e alí no me unín a ningún equipo pero nos recreos xogaba co resto de compañeiros e comencei a mellorar o meu xogo”.

Desde o club estamos moi ledos de ser un club referente dentro da nosa cidade e ser recomendado para rapazas que chegan novas a nosa cidade. Desexámoslle a Sofía a mellor das adaptacións ao noso equipo infantil, e unha boa estancia no seu Ourense natal.

Benvida Sofía!!!

Check Also

Reparto de puntos ante un bo rival

As nosas conseguiron adiantarse en duas ocasións, pero un bo rival acabou firmando as táboas …

Skip to content