A EFF Rosalía renova o seu acordo con Printes ata 2021

A alianza coa empresa ourensá do sector de servicios comezou en 2019.

A EFF Rosalía e Printes Security Advice asinaron o acordo de renovación do patrocinio que une á empresa ourensá referente no sector de servicios co club azul para a próxima tempada.

Printes é unha das patrocinadoras oficiais da EFF Rosalía dende 2019. Esta alianza supón que ambas non só comparten a súa orixe ourensá e dimensión, senón tamén un liderado nos seus terreos de xogo, unha clara aposta polo xogo limpo e un afán constante de superación enfocado na excelencia. Especializados en controis de acceso, conserxería, acomodadores, socorristas e chóferes, desde Printes non dudaron en renovar o acordo co club “É un pracer para Printes e para as persoas que formamos parte da súa dirección seguir apoiando ao Rosalía un ano máis porque no ano que levamos apoiándolles puidemos ver o traballo que fan, non só con todas as mozas e categorías que forman parte do grupo, formándoas, a nivel deportivo, se non tamén construíndo a forxar as súas personalidades mentres crecen con valores e principios cos que nos identificamos e somos afíns. Ademais puidemos ver como aproveitan o noso apoio, e o do resto de patrocinadores e colaboradores, en colaborar con diferentes causas sociais e iso é algo que, humildemente, fainos sentir parte dunha acción benéfica activa e moralmente admirable” declarou Juan Serafín Rodríguez, Director Xeral de Printes Security Advice.

Mario Gómez, presidente a EFF Rosalía indicou: “Nos tempos que corren dar con empresas que aposten da maneira que o fai Printes Security Advice co nosa escola, non é nada sinxelo. Printes e o Rosalía, como ben dixo Juan, coinciden na búsqueda constante da excelencia e ambos proxectos están a crecer á par e facéndose máis fortes co paso do tempo e facelo xuntos durante moitos anos vai ser un gran orgullo para a EFF Rosalía. Queremos agradecer públicamente a Printes o cariño que demostran polo noso clube”.

Printes lucirá un ano máis nas camisetas da EFF Rosalía.

Check Also

Peche exitoso do II Maratón Mixto de Futbito Festas da Ponte

Anibal Pereira, responsable de deportes do Concello, entregou os premios aos mais de 50 participantes. …

Skip to content