Triunfo con sufrimento no último partido do ano

O noso cadete pecha o 2025 con vitoria ante Louro (3-2) cos tantos de Antía e o dobrete de Nicole, pero a punto estiveron de empatar as visitantes.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía Cadete pechou o ano 2025 cunha importante vitoria por 3-2 sobre o Louro Tameiga nun partido marcado pola intensidade defensiva e os erros puntuais. O Cadete sumou tres puntos importantes no Municipal de Oira antes de marcharse ao parón do Nadal. As xogadoras dirixidas por Alberto Tamayo venceron no partido correspondente á 9ª xornada de Liga.

O partido comezou cun dominio claro das visitantes, quen, mediante unha presión alta, dificultaron a saída de balón das pontinas. A pesar de recuperar rapidamente a posesión, as oportunidades claras eran escasas, sendo a primeira para as locais aos 18 minutos, pero Silvia, a porteira visitante, mostrouse firme ante o remate de Xiana. Pouco despois, o Louro empezou a gañar terreo e, aos 29 minutos, un erro de Noa, porteira local, permitiu que Cayetana, aproveitando o rebote, marcase o primeiro gol para o Louro (0-1). Este tanto pareceu espertar ás locais, que responder de inmediato cunha gran xogada no minuto 36: Nicole asistiu a Antía Rodríguez, que cruzou o seu disparo ante Silvia para empatar o partido (1-1). Só catro minutos despois, Nicole volveu aparecer, esta vez cun potente chute ao pau longo que puxo a Rosalía por diante antes do descanso (2-1).

Xa na segunda parte, nos equipo saiu con presión alta e aos 44 minutos, unha recuperación de Xiana permitiu que Nicole anotase o seu segundo gol do partido, ampliando a vantaxe a 3-1. A boa presión seguiu permitindo ao noso equipo seguir xerando ocasións de perigo. Un minuto despois, Claudia recupera, o seu tiro despéxao Silvia cunha gran intervención, continua a xogada e novamente detén outro chute de Claudia. María Sofía tentouno cun disparo afastado que non sorprendeu á gardameta rival, pero ao bordo da hora de xogo, a máis clara do partido. Córner de Victoria e remate de Ainhoa en área pequena ao traveseiro. A mesma protagonista recuperou a posesión aos 65 minutos de partido, asistiu a Alma e, novamente Silvia, responde con outra gran intervención. Aínda que o Louro non baixou os brazos e logrou achegarse no marcador aos 79 minutos tras un grave erro entre Elena e Noa , Uxía Costas aproveitou o erro para marcar a porta baleira (3-2). Co tempo xa na súa contra, o Louro tentou reaccionar, pero as intervencións de Silvia e as recuperacións das xogadoras locais evitaron que chegase o empate. A vitoria das pontinas foi un merecido premio á súa intensidade defensiva e determinación, aínda que o resultado final estivo marcado polos erros puntuais que case custan o partido.

FICHA TÉCNICA
3-Rosalía: Noa, Sabela Gómez, Sara Fernández, Nicole, Ainhoa, María Sofía, Elena, Xiana Rodríguez, Victoria, África e María. Tamén xogaron: Antía, Claudia, Alma, Cayetana e Sofía Vázquez.
2-Louro: Silvia, Martina, Iria, Lola, Sarai, Valery, Uxía Costas, Xoana, Lucía Curra, Cayetana Pérez e Carlotta. Tamén xogaron: Naia, Martina Alonso e Yanira.

Goles:
0-1 (minuto 29) Cayetana
1-1 (minuto 36) Antía Rodríguez
2-1 (minuto 40) Nicole
3-1 (minuto 45) Nicole
3-2 (minuto 79) Uxía Costas

Tarxetas
Amarela (minuto 75) Carlos Calvo

Vídeo: Partido completo

Check Also

Pleno de vitorias tras un segundo tempo de pegada azul

O balón parado decide en Oira: Candela, Vitoria e Irene asinan un triunfo de carácter …

Ir o contido