As Celtas impuxeron o seu ritmo desde o inicio ante un Cadete que continuou intentando saír co balón xogado malia a superioridade visitante.
O cadete da Escola de Fútbol Feminino Rosalía perdeu por 0-8 ante o RC Celta As Celtas no Municipal de Oira, no encontro da cuarta xornada da Liga Galega Cadete Feminina, Grupo D. O conxunto vigués demostrou desde os primeiros minutos por que lidera a categoría, cunha presión alta que dificultou a saída de balón das pontinas e lle permitiu recuperar numerosas posesións preto da área local.
Gabriela deu o primeiro aviso cun disparo desviado no minuto dous. O marcador abriuse no seis, cando unha acción posterior a un córner rematou cun lanzamento de Sara Núñez desde a frontal que superou a Miriam. As nosas tiveron unha oportunidade para igualar ao cuarto de hora. Un erro no despexe de Martina tras un centro desde a esquerda deixou o balón a Carlota, que se atopou coa intervención de Blanca. As Celtas responderon con varios intentos de Gabriela, entre eles unha falta directa que saíu pegada á escuadra. A presión visitante volveu resultar decisiva no minuto 2’8. Gabriela recuperou o balón na saída local e resolveu o man a man ante Miriam para establecer o 0-2. Pouco antes do descanso, a propia Gabriela atopou o desmarque de Sabela entre as centrais e a dianteira marcou o terceiro. A acción foi protestada desde a bancada por un posible fóra de xogo.
As Celtas ampliamente a vantaxe tras o descanso
O segundo tempo mantivo a dinámica do primeiro. No minuto 42′, Miriam realizou unha gran intervención ante un disparo de Gabriela e Isabel despexou sobre a liña o posterior remate de Sabela. Un minuto despois, Gabriela recibiu no pico da área, buscou espazo e colocou o balón na esquina para facer o 0-4. Xulia ampliou a diferenza no 53′, ao anticiparse á saída de Miriam nun centro de Gabriela desde a esquerda. Yurena anotou o sexto cun lanzamento directo de falta dous minutos despois.
Malia o marcador, o conjunto de Carlos Alonso continuou intentando combinar e progresar desde atrás. As visitantes mantiveron a súa intensidade e Sabela asinou o 0-7 no minuto 68′, ao aparecer no segundo pau para rematar unha falta executada por Alexandra desde a dereita. Carlota volveu achegarse á portería de Blanca no 72′, tras unha boa recuperación na presión, aínda que o seu remate en semifallo acabou nas mans da gardameta. Outra recuperación visitante na saída de balón local deu lugar ao definitivo 0-8 no minuto 78′, obra de Sara Sánchez.
Unha derrota clara ante un rival superior en ritmo e precisión, nun encontro no que as pontinas non renunciaron á súa intención de construír o xogo desde atrás.
FICHA TÉCNICA
0 – Rosalía: Miriam; Carlota, Isabel, Sara, Alma, Elena, Candela, Irene, Noa Pazos, Cayetana e Ari. Tamén xogaron: Sabela Gómez, Daniela, Vera, María Sofía e Nuria Caride.
8 – RC Celta As Celtas: Blanca; Gabriela, Alexandra, Sara Núñez, Sara Sánchez, Xulia, Lucía, Sabela, Martina, Yasmin e Valeria Pérez. Tamén participaron: Claudia, Valeria Silva e Yurena.
Goles
0-1 (minuto 6) Sara Núñez
0-2 (minuto 28) Gabriela
0-3 (minuto 39) Sabela
0-4 (minuto 43) Gabriela
0-5 (minuto 53) Xulia
0-6 (minuto 55) Yurena
0-7 (minuto 68) Sabela
0-8 (minuto 78) Sara Sánchez

E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino