As infantís afrontan en Noalla a sexta xornada de Liga (11:30h, A Lanzada).
A EFF Rosalía infantil afronta mañá sábado ante o Viajes Interrías Fútbol Femenino un novo compromiso de Liga (11:30h, A Lanzada). O obxectivo, acadar a vitoria no campo de A Lanzada ante un rival que loitará polos tres puntos para saír dos postos baixos da táboa.
“Ao noso equipo gústalle moito competir, polo que afrontamos a fin de semana con ganas e ilusión como cada xornada. Ainda que o rival está por baixo de nós na clasificación, tentaremos facer un bo partido e practicar o adestrado durante a semana para que nos sirva tamén para a próxima xornada, onde recibimos no Monte da Aira un rival moi duro, o vitoria de Santiago”, añadiu Alba.
Despois de gañar na Bouza contra o Umia (0-6) no derradeiro encontro fora do Monte da Aira, as azuis buscarán en Noalla encadear o terceiro partido sen perder a domicilio. Para elo, a EFF Rosalía terá que seguir na boa liña de xogo dos anteriores partidos e non perder en intensidade tal como demostrou ante a Milagrosa e Umia. Alba convocou a 15 xogadoras para o duelo de mañá.
Convocatoria
Porteira: Valeria.
Defensas: Silvia, Lucía, Laura Añón e Marta Montes.
Centrocampistas: Cuquejo, Candela Bouzas, Ester e Daniela.
Dianteiras: Claudia Pérez, Nerea, Sara, Ares e Claudia Castro.
O rival
As noallinas ocupan ao comezo da xornada a antepenúltima praza da táboa cun punto. O equipo da comarca do Salnés aínda non conseguiu puntuar na casa, onde colleitou dúas derrotas ante Sporting San Mateo (1-2) e Victoria de Coruña (0-5). O único punto conseguido foi ante o Valladares (1-1).