EFF Rosalía-Balaidos: Seguir na loita polos primeiros postos

Partido grande no Monte da Aira, onde as azuis reciben a un rival que gañou os 5 encontros a domicilio (18:00h, domingo)

O Monte da Aira acolle na tarde de mañá o penúltimo partido da EFF Rosalía ante seu público antes do parón navideño (domingo, 18:00h). O encontró pode certificar o seguir na loita polos primeiros postos da clasificación e dar continuidade a un excepcional comezo de tempada. Para elo, a EFF Rosalía necesitará gañar ao Balaidos CF, o que ademáis deixaría novamente as azuis a un punto das suas rivais e así non descolgarse dos postos de honra.

Pese aos derradeiros resultados, o equipo que adestra Iván Canal está a facer unha moi boa tempada, superando con creces os puntos obtidos a pasada campaña.

Partido destacado
No Monte da Aira disputarase un dos partidos máis destacados na decimoterceira xornada. A EFF Rosalía, que non coñece a derrota dende a xornada 2 nos cinco partidos que xogou na casa, mídese ao mellor equipo a domicilio da competición, formación que non perdeu ningún encontro con cinco victorias lexos do Federativo de Coia.

Canal convocou a 16 xogadoras para o choque.

Convocatoria
Porteira: Rocío.
Defensas: Cae, Noa Domínguez, Andrea, Feijóo e Sequeiros
Centrocampistas: Alba, Aldarita, Ainara, Patricia, Saray, Noa Fírvida , Yadira e Sabela.
Dianteiras: Zaira e Silvia.

O rival
O Balaidos CF, que leva 9 victorias e 1 derrota esta tempada, está clasificado na segunda posición pero separanlle seis puntos do primeiro. O conxunto olívico é o único que ainda non perdeu a domicilio pero é o enquipo que máis goles encaixa entre os 11 primeiros clasificados. Sara Castro, con 16 goles (11 encontros xogados, 1,6 goles por partido), é a máxima goleadora do Balaidos, pero tamén a acompañan  Cristina Ambros (14 goles) e Arielle Silva (13 goles) no top-10 da liga.

Precedentes
Foron duas as ocasións nas que se enfrontaron o equipo vigués e as ourensáns, ambas a tempada pasada, no Monte da Aira 3-2 e no Federativo de Coia 0-0.

Resto da xornada
No resto da xornada destaca o Pereiró-Noalla, partido entre 4º e 6º clasificado, separados por catro puntos. Bueu recibe ao Vilariño, equipo sempre perigoso a pesar de estar situado nos postos baixos da táboa. Na parte baixa, Ponte Caldelas e Mosteiro medirán suas forzas no Racelo de A Lama coa intención de sumar os seus primeiro puntos nesta tempada.

Todos os partidos serán en xornada de domingo:
16:00 Marin CF – Gondomar FB
16:00 SpC San MateoPuentearnelas
17:00 SCD Ponte Caldelas – CD Mosteiro
17:00 Juventud de Cambados – Umia CF “B”
17:30 EDVM Pereiró – SD Noalla
18:00 EFF Rosalía – Balaidos CF
18:30 CD Bueu – Racing de Vilariño
Descansa SD Chispa

Check Also

O senior xa coñece aos seus rivais para a tempada 2024/25

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía queda encadrada no Grupo II da Segunda Galega.A Escola …

Skip to content