Volve a Liga Promesas ao Municipal de Oira

Despois do derbi disputado o pasado luns, os dous equipos da EFF Rosalía disputan a primeira xornada do ano no Municipal de Oira (domingo, 11:00 e 12:00h).

36 días despois do último partido, os dous equipos da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía volven ao Municipal de Oira con motivo da décima xornada da Liga Galega Promesas, primeira do ano 2022. Ambos equipos disputaron o pasado luns o derbi ourensano de fútbol feminino no Municipal de O Seixo, partido adiado do 18 de decembro.

Promesas ‘A’
As xogadoras de María Feijóo, ausente por motivos sanitarios, reciben ao segundo clasificado, un Atletico Arousana que encadena catro vitorias nos últimos cinco partidos e empata a puntos coas nosas. Ambos equipos con 18 xunto a Umia CF. As locais, pola súa banda, lograron a vitoria nos seus últimos 4 partidos, resultados que as levantaron ata o terceiro posto que dá opción de clasificación para a fase polo título autonómico. O partido comezará ás 12:00 horas e estará dirixido por Adrián González Rey do Comité Técnico de Árbitros de Ourense.

Promesas ‘B’
Pola súa banda, as pupilas de Javier Alonso, que cada xornada demostran a súa progresión, recibirán unha hora antes ao Tomiño FCF, décimo primeiro clasificado. As pontinas, que disputaron de ti a ti o derbi contra as súas compañeiras do Promesas ‘A’ intentarán sumar tres puntos e experiencia para ir crecendo como futbolistas. O partido comezará ás 11:00 horas e estará dirixido polo colexiado Diego Alonso Blanco do Comité Técnico de Árbitros de Ourense.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content