Alberto Tamayo amplía as súas funcións dentro do club

O ata agora director de fútbol base, pasa a ser o novo Coordinador Xeral Deportivo do club e liderará o proxecto azul na parcela deportiva para as próximas tempadas.

O 2022 trae novedades na estructura deportiva da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía. Debido ao crecemento que está a ter o club nos derradeiros meses, a directiva vese na necesidade de garantir que o crecemento non só é en cantidade senon tamén en calidade organizativa e na pasada tarde de Reis reuníronse con Alberto Tamayo nas oficinas do club para chegar a un acordo co ata hoxe Director de Fútbol Base para ampliar as súas responsabilidades dentro da estructura deportiva.

O presidente, Mario Gómez, explicou a decisión unánime do nombramento de Tamayo: “O club segue a medrar e, inda que nós estamos aumentando o número de directivos para poder satisfacer todas as necesidades das nosas xogadoras, o apartado deportivo xa non nos parece unha actitude responsable que sexamos nós os que teñamos que estar pendentes del. Tamayo leva colaborando con nós esta tempada levando a coordinación dos equipos Promesas e Infantil e levamos compartido moitas conversas e reunións na que plantexamos o rumbo deportivo que queremos para o Rosalía e a unanimidade da directiva está dacordo en que o método Tamayo querémolo para a totalidade dos nosos equipos”.

Tamayo, xunto a Javier, durante un adestramento dos equipos Promesas.

Alberto encargarase do 100% de competencias deportivas da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía. O ourensán terá por diante un cargo de moito traballo para reconfigurar e organizar o club. Terá que tomar decisións como a renovación ou non de adestradores/as, formadores/as, colaboradores/as e así mesmo tamén depende del a incorporación, renovación e fichaxes do noso equipo senior. Con estas funcións cubertas, o resto de directivos podemonos centrar en buscar a financiación necesaria para poder manter a solidez deste bonito proxecto no que chegaremos ata onde as nosas xogadoras queiran chegar. A súa chegada vén reforzar a idea da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía de atopar a estabilidade na dirección deportiva, unha das máis complicadas dentro da estrutura da institución azul.

Nada máis estrear o seu novo cargo, o Director Xeral atendeu aos medios do club: “O principal motivo polo que acepto a ampliación de funcións no club é, basicamente, porque me convence a proposta que o club quere levar a cabo e isto conleva realizar unha estructuración orgánica interna onde a distribución de funcións queden máis manifestas. Un deses cargos pasa pola da coordinación e a directiva entende que esa persoa debo ser eu. Ese é o motivo principal polo que tomei a decisión de aceptar o novo reto”.

Novas ideas
“A idea principal que se baralla é a de que todas as categorías de base que forman o Rosalía teñan como principal obxectivo a formación deportiva das xogadoras. En relación aos corpos técnicos dos distintos equipos, intentar formar un conxunto de persoas que entendan que as xogadoras é o principal obxectivo de todos nós e atopar unha metodoloxía común para todas elas, de maneira que poidan ir cumprindo as súas etapas cun método genérico de traballo”.

Nova experiencia
“Os cargos conlevan cargas, iso supón ter que tomar decisións ás veces difíciles, pero sempre de maneira que sexan beneficiosas para as xogadoras e os corpos técnicos. En definitiva, intentar que todo o mundo aporte, enténdao e podamos levar entre todos a bo porto este gran Barco”.

Check Also

Partido adiado Lóstrego CF “B”

A Real Federación Galega de Fútbol comunica a data e horario do partido adiado da …

Skip to content