Xornada de convivencia LGF Promesas

A primeira das sete convivencias terá lugar nas instalacións municipais de Oira na Ponte.

Este domingo arrinca no Municipal de Oira a primeira concentración da liga Promesas Futgal, novo formato de competición dentro da liga autonómica. Será a primeira das sete programadas. Nas instalacións municipais de Ourense, os equipos da SD Orzán, Calasanz, SDR Cee, Domaio CF, Lóstrego CF e EFF Rosalía competirán, en sesión de mañá e tarde, ata completar un total de quince partidos.

O formato será de todos contra todos sen efectos clasificatorios e os encontros terán unha duración de 12 minutos, con dous de descanso entre partes. Cada equipo terá un total de 20 xogadoras convocadas. Os horarios e partidos serán os seguintes:

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía, unha referencia na nosa comunidade, tal como di a Real Federación de Fútbol Galega na sua web, será o encargado de inaugurar unha xornada non competitiva na que participarán máis de 150 nenas de entre 5 e 8 anos pertencentes a sete clubs galegos:

  • Orzan SD
  • CD Calasanz
  • EFF Rosalía
  • Domaio FC
  • Lóstrego CF
  • Sonnoia Apostoli
  • UC Cee

A xornada servirá, un ano mais, para conmemorar o Día de Rosalía por parte do noso club, agasallando a todos as xogadoras rivais cunha flor e un poema da poetisa galega que este domingo cumpre o 188 aniversario do seu nacemento.

Check Also

Segunda fase Liga Alevín

Os nosos dous equipos representantes quedaron enrolados nos subgrupos D3 e D4.Regresa a liga Galega …

Ir o contido