0-0: O Cadete encadea o seu terceiro partido invicto en casa

As de Sobrino volven conseguir un punto contra o líder invicto da categoría no seu terceiro partido invictas no Seixo.

O Cadete empatou a cero no Municipal do Seixo na xornada 10 da Liga Galega Cadete, primeira da segunda volta da competición. As de Sobrino puideron poñerse por diante no minuto 11 nunha boa xogada por banda de Lidia, seu centro o remata Claudia e o rexeite acaba aos pés de Candela Bouzas, seu tiro o para Ana sen problemas. A resposta non se fixo esperar. Seguinte xogada, pero o remate de Lorena sae alto. O partido non tiña un dominador claro. A unha ocasión dun equipo, respondía o outro con outra, pero ningunha xeraba o suficiente perigo como para inquietar as porterías defendidas por Aldara e Ana. O gol estivo a piques de chegar na ocasión máis clara de todo o partido. Silvia saca de banda en largo a Victoria, a dianteira escápase da sua defensora en velocidade e encara á porteira, o seu tiro roza na bota de Ana e cando parecía que ía entrar o salva Érika na liña, era o minuto 30.

Victoria dispuxo da ocasión is clara do partido.

O segundo tempo arrincou igual que o primeiro. Tentábao Lidia de lonxe pero o seu tiro saía alto. Un minuto despois a resposta visitante, unha boa triangulación entre María e Ana Pereira termina co tiro alto da última. Avanzaban os minutos e os dous equipos querían pero non podían. Co tempo cumprido, a punto estivo de levar os tres puntos o equipo de Jorge Sobrino. Aldarita presiona a saída de balón e recupera Ester provocando unha falta no bordo da área. O tiro posterior de Candela Bouzas pasa pegado ao poste. Así terminou o encontro nun empate a cero que sabe a pouco. “Eu considero que o resultado case sempre é xusto, se que é certo que para o meu, nós tivemos chegadas con mais perigo para facer gol, pero unha vez que non es capaz de materializalas, é xusto o empate”, indicou Sobrino ao finalizar o partido.

Sobrino, laméntase ante unha xornada do partido.

O técnico atendia á web do club ao remate: “Foi un partido moi completo das xogadoras. A gran mayoria entenderon a formulación que se fixo para o partido e levárono a cabo tal e como se adestrou. Vou satisfeito co traballo realizado”.

Puntuar ante o líder con numerosas baixas
“Si, ao final nunha tempada sempre tes que contar con que se van a ter baixas e, a pesar de ser importantes, as convocadas fixeron todo o posible para que non se notasen e supliron moi ben as súas ausencias”.

Equipo
“Vino moi motivado. A medida que pasaban os minutos, dábanse conta de que se lle estaba competindo ao que quizas sexa o mellor equipo da liga e iso sempre é unha gran inxección de moral”.

Check Also

Fin de semana da Liga Cadete

Vitoria do ‘Amarelo’ e derrota do ‘Azul’. Fin de semana de compromisos oficiais para os …

Skip to content