0-2: As campioas completan a Liga Perfecta

Zaira e Silvia, de falta e tras asistencia de Patricia, asinaron os goles en Lugo da EFF Rosalía, que terminou invicto nos 8 partidos disputados de competición.

O campión do Grupo E concluíu a competición asinando unha nova vitoria en Lugo e invicto nos 8 partidos disputados en Liga (8 vitorias de 8 partidos). Zaira e Silvia, a segunda tras asistencia de Patricia, foron as goleadoras da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, que buscou a vitoria ata o final dun emocionante encontro.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía saíu disposta a lograr o pleno de vitorias e as primeiras xogadas de perigo chegaron a balón parado nas botas de Zaira. Un córner que se paseou pola liña de gol e senllas faltas quel obrigaron a lucirse a Wanessa. O forte vento no Municipal Rodríguez Lago 1 converteuse nun hándicap para as locais ao telo en contra. Intentárono en varias contras pero o vento foi un aliado das pontinas. As pupilas de Saa con vento a favor chegaron en numerosas ocasións a tres cuartos de campo, pero non conseguiron dar precisión a ese último pase que sempre se lles ía longo.No 35, á terceira foi a vencida, e Zaira logrou de falta o 0-1 superando a Wanessa.

Tralo descanso, todo cambiou, o técnico moveu o banquiño e deu entrada a Silvia e Patricia por Zaira e Aida. Dez minutos máis tarde entraban Saray e Sequeiros por Besada e Aldarita pata completar todos os cambios. Co equipo en proceso de acoplamiento e vento en contra, as azuis non xogaron bo fútbol e custoulle moito chegar a portería rival. O Comercial, pola súa banda, tivo dúas ocasións á contra, unha acabou en paradón de Lidia e a outra foi ao pau.

Emoción ata o final
Transcorrían os minutos e o Comercial quedouse sen “gasolina”, o que provocou que tiveron a varias xogadoras con problemas físicos. Esta situación aproveitárona as visitantes para apropiarse un pouco máis do partido e xerar dúas ocasións con Patricia e Silvia de protagonistas, que non puideron acabar en gol. Co tempo cumprido, novamente Silvia de plantou en área rival grazas a unha asistencia ao espazo de Patricia e fixo o 0-2 sentenciando o partido. Destacar que unha vez cumprido o tempo reglamentario, o Comercial, con moita deportividad, felicitou e desexou sorte no playoff á EFF Rosalía, un xesto que agradeceron xogadoras e corpo técnico desprazados a Lugo.

Oito partidos, oito vitorias (63 goles a favor e 2 en contra) é o balance das azuis na Liga 2020/21. Co pleno de vitorias, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía entra na historia do fútbol ourensano como o terceiro equipo en lograr a liga perfecta tras CD Ourense da tempada 67/68 e UD Ourense do 2015/16.

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content