Umia “B” rival nas semifinais dos playoff de ascenso a Primeira

A eliminatoria, a partido único, xogarase o 20 de xuño ás 18:00 h na Bouza ( Barrantes).

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía enfrontarase ao Umia ” B” nas semifinais dos playoff de ascenso a Primeira División Autonómica tras o sorteo celebrado na sede de RFGF en Santiago de Compostela. A eliminatoria, que se disputará o 20 de xuño ás 18:00 h, será a partido único na Bouza.

En caso de gañar, o senior entraría na final “A”, que tería como rival ao gañador da eliminatoria entre Lóstrego e Noia. Esta eliminatoria terá lugar o 26 ou 27 de xuño nun campo designado pola Real Federación Galega de Fútbol.

O sorteo colocou ás azuis no cadro da morte, dos catro semifinalistas, tres completaron a liga perfecta gañando todos os partidos. Lóstrego (75 goles a favor 1 en contra), Umia ” B” (37-4) e Rosalía (63-2), mentres que Noia presenta un balance de 4 vitorias, 2 empates e 2 derrotas.

Miguel Saa fixo unha primeira valoración nada mais rematar o sorteo: “No deportivo paréceme que canto menos será atractivo para o espectador, evidentemente o noso lado é o lado que ninguén querería”. Unha vez coñecido o rival, o técnico analiza “O Umia “B”, cun primeiro equipo en Nacional e a posibilidade de baixar a todas as fichas B aínda que xoguen os 18 partidos de nacional, só fai pensar que será un encontro máis que disputado”. Tampouco quixo manterse á marxe ao preguntarlle polo sorteo: “En canto ao sorteo e o xeito de gestionarlo por medio da federación, prefiro non opinar porque si ao presidente sancionárono polo motivo que foi, a min non me deixan volver sentarme nun banquiño nun ano”.

Umia “B”
O conxunto da comarca do Salnés terminou primeiro no Subgrupo D. Nos 8 partidos que disputou ata o momento, o Umia logrou un balance de 8 vitorias, 0 empates e 0 derrotas. O rival das azuis é o terceiro equipo que menos goles encaixou da segunda división (4) e conta no seu plantel con habituais na convocatoria do equipo “A”, que xoga os seus partidos na Liga Nacional feminina.

Emparellamentos das semifinais para os playoff de ascenso a Primeira División Autonómica:
Lóstrego CF vs CF Noia
Umia CF ” B” vs EFF Rosalía
UC Cee vs CD Bueu
SDCR Narón O Freixo vs Bergantiños FC

Así queda o cadro dos playoffs de ascenso.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content