0-3: A EFF Rosalía perde ante o Victoria CF

A EFF Rosalía infantil mereceu máis no partido disputado no Monte da Aira.

A EFF Rosalía infantil non logrou puntuar no Monte da Aira no partido correspondente á séptima xornada de Liga. A EFF Rosalía perdeu fronte ao Victoria FC de Santiago un encontro no que tivo oportunidades para conseguir un mellor resultado.

O partido arrancou con moitas gañas por ambolos dous equipos, as santiaguesas asentándose e controlando o xogo e as azuis ben situadas tácticamente.

O Victoria FC de Santiago (8’) encontrouse co gol de Claudia Castelao tras un fallo en defensa e tiveron minutos nos que as visitantes conseguiron o domínio do balón. No 17’, Laura Ruiz noutra xogada das visitantes sumaba o segundo gol tras un centro por banda e a mala sorte no rexeite.

Mediada a primeira parte a EFF Rosalía non atopaba ocos para o ataque, antes de chegar ao descanso, Cuquejo estrelaba o balón no longueiro na mellor ocasión das locais na primeira metade.

Xarro de auga fría na segunda metade
Na reanudación, as xogadoras de Alba Rodríguez sairon coa mentalidade de darlle a volta ao encontro pero a boa colocación das santiaguesas lideradas por unha Noa García que mantiña ás suas en tensión fixo que non aparecerán as ocasións para as azuis. A pesar de non crear ninguna ocasión na sgunda metade, nun corner María Lama (69’) sube o terceiro ao marcador, gol que xa deixaba sin opcións de remontada as locais.

A técnica ourensana destacaba a superioridade do Victoria ao rematar o partido “Rival superior a nós, moi traballado e superiores fisicamente. Na segunda parte saímos a por elas, a tentar crearlles perigo e demostrar que iamos pelexar ata finalizar o partido e iso fixemos”.

Orgullosas a pesar da derrota
“Moi moi orgullosa das miñas nenas que demostran en cada partido o que é loitar e pelexar independente do resultado e sen baixar a cabeza en ningún momento. Aínda sendo conscientes das diferenzas físicas, loitaron todos os balóns, non se minoraron ante ningunha rival e loitaron os 90 minutos contra un equipo que sen dúbida é superior a nós”, reseñou a técnica.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content