Liga Promesas: victoria do “A” co San Mateo e derrota axustada do “B” en Valladares

Victoria do Promesas “A” e derrota do Promesas “B”.

Nova fin de semana de compromisos oficiais para os dous equipos enrolados no Grupo Sur la Liga Promesas Feminina Galega – Pizza Móvil. A EFF Rosalía “A” venceu no Oural ao Sporting Club San Mateo e a EFF Rosalía caeu derrotada na Gándara ante o C.D. Valladares nos partidos correspondentes a oitava xornada de competición, penúltima do 2019. Ainda que a EFF Rosalía “A” ten pendente un partido más, o aprazado frente o Umia CF para o sábado 28.

CD Valladares-EFF Rosalía “B”
Nova proba de crecemento para as nosas peques que acudiron a Valladares con tódalas ilusións de poder inaugurar o seu casilleiro de puntos. O esforzo non se lle pode negar as nosas peques que cando estaban a dominar o partido todo se lles torceu na segunda parte nunha xogsda desgraciada. 

Ao final do partido, María Feijoó, técnica do Promesas B analizaba o partido: “Foi un partido moi igualado. Na primeira parte dominamos con gran claridade, tivemos grandes oportunidades para abrir nós o marcador sobretodo con dúas ocasions de Noa Sanz con disparos dende fora da área pero a porteira do Valladares en ambas estivo ben colocada e conseguiu paralas. Temos o erro que na segunda metade baixamos moito o nivel en comparación co que ofrecemos na primeira, xa sexa por cansancio ou por perdida de concentración. Ainda así tentamos sair a polo partido pero ao arriscar tanto, pilláronnos nunha contra con todo o equipo subido e aproveitaron para facer o 1-0. Tentamos remontar o partido pero cando mellor estábamos a chegar, o Valladares marcou o 2-0 nos ultimos minutos facendo xa imposible a remontada. Como dixen, un partido moi igualado, estivemos durante dúas semanas practicando un sistema de xogo distinto ao que estamos acostumadas pero a baixa de Nicole e Andrea de última hora obrigoume a cambiar de sistema e forma de xogo, senon estou segura de que as cousas houberan sido moi distintas. Todas traballaron a unha e dende o inicio de tempada a agora hai un gran cambio. Confio en elas e sei que os resultados chegarán, pero máis me ilusiona e que apesar de non ter sorte nos partidos é que veñan cun sorriso a cada adestramento e con gañas de aprender”

Estamos seguros de que ca ilusión e o traballo que lle están a por, o próximo ano vai vir con alegrías. A próxima semana as nosas promesas descansan ante a retirada do Viaxes Interrías. 

EFF Rosalía “B” en A Gándara (Valladares).

SpC San Mateo-EFF Rosalía “A”
A EFF Rosalía “A” de Juanma Bello viaxaba ata Salvaterra o domingo pola mañá para enfrontarse ao San Mateo baixo unha intensa choiva  e ante un rival duro e moi ben posicionado defensivamente.

Nos primeiros minutos de xogo xa se podía intuir o devenir do encontro, un equipo local moi ben traballado posicionalmente que colocou unha defensa difícil de superar pero que en ataque apenas inquedaba as nosas. Ao cuarto de hora as nosas abrían a lata e logo un montón de ocasións máis que as azuis non lograban materializar e chegábase ao descanso cun inquietante 0-1. 

Na segunda parte do partido as nosas sairon a xogar ca mesma idea de tocar ata atopar os ocos por onde entrar e ante o cansancio rival foi máis doado atopalos e conseguiuse unha cómoda victoria que nos planta con tódalas as opcións antes de recibir esta semana á UD Mos no Monte da Aira no que será o partido da xornada.

EFF Rosalía “A” en O Oural.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content