0-3: Chegou a primeira vitoria a domicilio do 2020

Sabela marcou na primeira metade e na segunda Yadira e Zaira sentenciaron o partido

A EFF Rosalía gañou fronte o Mosteiro no Municipal de Meis. O partido tivo dono nos primeiros minutos grazas á presión das azuis, pero un Mosteiro moi ben organizado, con moitas xogadoras por detrás da liña de balón, puxo en apuros as azuis durante algunhas fases do partido.

As xogadoras da EFF Rosalía saíron a combinar e buscar espazos para as chegadas de Zaira, Silvia e Yadira. Cun 4-3-3 moi marcado pero con pouca presencia das nosas xogadoras de banda en ataque e con unha presión a Alba moi marcada que lle facía non atopar espazo cada vez que tocaba o balón. Un man a man de Zaira e unha falta a cruceta de Yadira facían por os primeiros apuros á porteira rival. No minuto 9’ un rexeite nun córner caeu aos pés de Sabela, que dun forte disparo colocado supera a Nuria. 

O gol pareceu relaxar as azuis que xa non voltarian a inquedar a meta rival, incluso nos dez últimos minutos da primeira parte chegaron un par de boas contras do equipo local que inda que non diron rematado levaron a inquietude a bancada ourensá.

Debut de Cuquejo
No minuto 35’ sae do campo Ainara para dar entrada a Cuquejo, segunda xogadora en pechalo círculo pasando por tódalas categorías do club. Sendo, ademais a terceira xogadora infantil que debuta das mans de Iván Canal.

Ester e Cuquejo debutaron coa EFF Rosalía senior

Dous goles mais
Revolución na aliñación á volta de vestiarios, Ester e Aldarita entraron por Silvia e Sequeiros. Ester convertíase na terceira infantil en debutar co primeiro equipo e coa súa entrada Canal pasaba do 4-3-3 ao 3-5-2 con Yadira avanzado liñas ata a punta do ataque. O partido entraba nunha fase de ocasións para as azuis, Yadira fixo o 0-2 despois dunha xogada individual. Na fase decisiva do encontro Zaira remataba o partido definitivamente vinte minutos despois e colocaba o definitivo 0-3 que da a primeira vitoria a domicilio da EFF Rosalía en 2020 despois de  encadear cinco partidos consecutivos sen gañar lonxe do Monte da Aira.

Check Also

Triunfo do sénior en Ribeira con triplete de Noui

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía imponse a Aguiño con tres goles da ourensá, un …

Skip to content