As infantís de Alba Rodríguez enfrontáronse a un combinado de mulleres de Ourense
A beneficio da Asociación Pequenos Superhéroes e Rafa, en particular, por este motivo se celebro no Miguel Ángel do Pabillón dos Remedios o 1º partido benéfico Día da Muller de Ourense. A EFF Rosalía participou co equipo infantil, que o día anterior xogaba a sua xornada de Liga e o domingo as 10:00h se enfrontaba a un combinado de mulleres de Ourense composto por políticas, periodistas, ex-xogadoras, xogadoras en activo, etc.
A pesar de o que o tempo non acompañou novamente, a afluencia de público e venda de entradas foi boa, pasando a recaudación dos 2800€ a falta do reconto oficial e o da fila 0, que irá destinada íntegramente á Asociación Pequenos Superhéroes. Ata o sintético da rúa Remedios tamén se achegaron Rafa e toda a súa familia, incluída súa irmá Celtia perfectamente ataviada coa camiseta da EFF Rosalía, súa nai que foi a encargada de facer o saque de honra.
Polas “Mulleres de Ourense” xogaron ademáis de periodistas do ámbito local e políticas municipais e provinciais de Concello e Deputación como a concelleira de igualdade Eugenia Díaz Abella ou as concelleiras Natalia González e Ana Mª Fdez. Morenza, representantes do deporte como xogadoras do BM Pavillón de Ourense e do Ourense Envialia FS “B” e a árbitra FIFA Zulema González, que cambiou o silbato para ser xogadora.
Inda que o resultado era o menos importante destacar que as nosas infantiles fixéronse ca victoria por 3-2 nun partido no que ademáis de colaborar cunha boa causa, pasárono pipa sobre o verde do Miguel Ángel.