“O próximo partido será complicado pero se o damos todo será noso”, comentou Canal.
Iván Canal analizou a vitoria da EFF Rosalía fronte ao Mosteiro na que foi a primeira vitoria a domicilio en 2020. O técnico azul explicou: “gañar fora despois de tempo dáche forzas para afrontar o próximo partido con máis optimismo”.
“Sempre é bo gañar. O próximo partido será complicado pero se o damos todo será noso”.
Levar o peso do partido
“Xogamos ao noso ritmo 25 minutos,logo deixámonos ir. É complicado facelo pero se queremos crecer como equipo temos que ir conseguíndoo”
Cuquejo e Ester
“Debutaron Ester e Cuquejo e fixérono moi ben. Estou orgulloso das pequenas pero sobretodo por velas felices e con ilusión de xogar no primeiro equipo”.
Noui vs gol
“Hoxe fallou dúas oportunidades de gol claras e non pasa nada. Impórtame máis o seu esforzo que os goles. Se te esforzas e achegas é máis importante. Os goles chegarán”.