0-6: O líder gaña en San Pedro

Os goles de Zaira, Chao, Vicky (2) e Fara dan os tres puntos ao senior ante o Vilariño.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía visitou o Municipal de San Pedro e fíxoo sumando unha nova vitoria ante o Vilariño. O noso equipo adiantouse con goles de Zaira e Chao. Na segunda metade, Fara acertou tras un pase de Chao, Vicky debuta con dúas dianas e Chao pecha o marcador que deu os tres puntos ao Rosalía, que encadea o cuarto triunfo consecutivo e lidera xunto a Lóstrego ‘B’ o campionato.

As de Tobaruela adiantáronse aos 29 minutos. Zaira lanza unha falta á escuadra da portería rival. Un minuto despois, a réplica local. Rebeca aproveitou unha mala saída do balón para probar sorte, pero o seu tiro sae alto. Tivo mais sorte Chao na seguinte, a dianteira recibe en velocidade unha asistencia de Zaira, supera a Raquel pero a central local despexa en liña de gol, o balón rebota en Chao e acaba dentro da portería (0-2; 32′).

Fara e Chao seguen acertadas cara portería contraria.

Dominio da EFF Rosalía
Tardou, pero o equipo de Tobaruela foi apropiándose do xogo. Fara entrou por Ester ao descanso e a ‘pichichi’ ourensá sumou unha diana máis á súa conta ao rematar un centro de Chao desde a dereita aos 53′ minutos. Trece minutos despois, mesmas protagonistas intercambiadas, Fara centra e Chao remata desviado. Tobaruela deu entrada a Vicky (69′), que foi crave catro minutos despois na xogada do 0-4. A dianteira marca en área pequena moi atenta ao rexeite do traveseiro ao chute de Zaira. Non tardou en chegar a réplica local. Outra mala saída do balón é recuperada ao bordo da área, o disparou pega no pau. Igual de clara foi a seguinte ocasión azul. Vicky insiste na presión provocando o erro rival que remata Chao ao fondo da rede (0-5; 80′). Co tempo case cumprido, o cero a seis definitivo. No 88′, Fara fai un pase en profundidade a Vicky que no man a man supera a Raquel para marcar o seu segundo tanto.

O líder impúxose ao Vilariño e continua no primeiro posto da liga ao ter mellor gol-average que Lóstrego ‘B’ antes do parón desta semana. A competición voltará o día 6 de novembro no Municipal de Oira.

Check Also

4-0: O sénior golea e achégase ao obxectivo

Un tanto espectacular de Bonjoch, outro de Vicky e Zaira e Patri, en propia porta, …

Skip to content