O Cadete cae derrotado ante o Umia CF

A EFF Rosalía Cadete, lonxe de facer o seu mellor xogo, non baixou os brazos ata o final.

O encontro disputado o pasado sábado na Bouza (Barrantes) finalizou cunha goleada 8-0 entre o Umia CF e a EFF Rosalía Cadete. As ‘viquingas’ chegaron ao partido co gallo de cultivar unha nova vitoria, esta vez ante o seu público, tras gañar ás Viaxes InterRías na xornada anterior.

O comezo do duelo non foi moi apracible para as azuis que viron como os seus rivais tomaron vantaxe moi pronto grazas a un gol de Minerva ao cuarto de hora de xogo. Tras isto, unha nuevo ocasión do equipo local permitiu incrementar o marcador, que aumentou o ‘luminoso’ grazas a outro tanto De Lara, poñendo no enfrontamento o 2-0. Non cesaron no seu empeño as ‘viquingas’ e tres minutos despois, Paula Sanmartín anotaba o terceiro. Umia CF asegurou a súa vantaxe no minuto 28′ cando Paula non perdoou a ocasión na que a porteira rival pouco puido facer. Antes do descanso, Nuria sobe o quinto desde o once metros.

A segunda parte, un calco da primeira. Cinco minutos despois de reiniciarse o partido, Umia anota outra vez cun tanto de Alicia. Superados o cincuenta de xogo, unha nuevo ocasión incrementou o marcador grazas ao gol de Nuria no 53′. Completábase a goleada cunha diana de Nuria, 8-0 aos 58′. E desta maneira morreu o partido. Cun resultado bastante doloroso para as pontinas que, lonxe de facer o seu mellor xogo, non deixaron de tentalo ata os últimos suspiros.

A pesar do duro pau, non queda outra opción que erguerse e traballar duro para que volva saír o sol nas próximas xornadas. Rosalía queda con 1 punto e Umia CF con seis ao finalizar o encontro.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content