0-7: A EFF Rosalía golea ao Lalín e empeza a Liga líder.

Noui (3), Yadira (2), Saray e Laura Castro (pp) asinaron os tantos do equipo azul no Manuel Cortizo.

Pouco máis se pode dicir da vitoria da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía no seu regreso á competición 368 días logo do seu último partido. As azuis golearon ao Lalín no primeiro partido de competición nun partido de dominaron desde o principio cun inicio de moitas impresiciones en ambos equipos. Aínda así, o arranque foi demoledor, aos 13 minutos Noui aproveitaba un centro desde a dereita de Noa Domínguez para empuxar a porta baleira o balón despois do semifallo de porteira e defensa. No segundo, mesma protagonista pero distinta asistente, Lidia centra desde a dereita e Noui (21′) nuevamente non falla no área pequena.

Durante a primeira hora de partido, a dianteira ourensana estaba sendo un pesadelo para a zaga lalinense, creando perigo constantemente.
Ao bordo do descanso, un coner desde a esquerda rematábao Yadira (43′) para ampliar a vantaxe e sentenciar o partido visto o visto nos primeiros 45 minutos.

Así chegou o descanso e Saa moveu o banquiño coa entrada de Isis e Sabela, que se convertería no novo pesadelo visitante desde a banda esquerda. Malia que o ritmo non aumentou, as ocasións seguían sendo das pontinas que en once minutos anotarían outros tres goles. O primeiro nuevamente de Noui (61′), que aproveita un pase de Aldarita logo de gañarlle as costas á defensa tras saque de banda. Nove minutos despois, Sabela asiste a Saray (69′) ao primeiro pau para colocar o quinto entre duas defensas no marcador e, tan só, tres minutos máis tarde, Yadira rouba un balón a saque de porta de Lucía Pereiro centra desde a esquerda e Laura Castro intenta despexar pero o balón acaba en propia porta (a pesar que no acta sae reflexado gol de Yadira).

Non foi o último tanto do encontro, Yadira, despois de recibir un pase en profundidade de Ainara, gáñalle as costas a Antía e non falla no man a man ante Lucía Pereiro, pechando así o partido cun contundente 0-7 que coloca ás azuis como líderes do Grupo E.

Podedes desfrutar da galería fotográfica coas mellores instantáneas do partido correspondente a xornada 1 de Liga na sección de fotografías da web e no perfil de Flickr do club.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content