“Só nos queda pensar no próximo partido e traballar para mellorar”, dixo o adestrador.
A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía venceu ao Lalín un encontro que Saa resumiu así nunha roda de prensa telemática no Manuel Anxo Cortizo: “Foi un partido complicado para comezar o campionato, no que tivemos un bo rival en fronte, que sempre tratou de xogar á pelota e buscar un fútbol combinado, aínda que aos poucos fomos tomando o mando do partido e finalmente estivemos acertadas de facer a gol”.
Sobre o comezo dubitativo do equipo nos primeiros minutos, “realmente non creo que fose un exceso de nerviosismo, si non que o propio Lalín xogou sen deixar espazos e de xeito intenso, o cal esixe unha alta precisión no pase e ata pasado uns minutos non a tivemos”, añadiu o técnico.
Primeiro partido oficial
“O equipo non estivo todo o ben que desexariamos, custounos moito atopar o noso xogo, o Lalín xogou moi compacto, e o único xeito era a rápida circulación de balón, o cal en primeira xornada adoita custar”.
Novas incorporacións
“As novas, na liña do que nos esperamos delas, creo que Marta foi a xogadora máis determinate do partido, pero esperámonos aínda moitísimo máis dela dada a gran calidade que sabemos que ten. Bea e Aída xogaron moi ben, xogaron 45 e 30 min respectivamente e fixérono de xeito satisfactorio, tamén estamos convencidos que van aportar moitísimo ao equipo”.
Líderes
“Ser líderes a estas alturas é anecdótico. De feito, haberá que esperar a ver que sucede no outro partido, posto que tampouco me queda moi claro o motivo da súa suspensión. Pola nosa parte, só nos queda pensar no próximo partido que tampouco vai ser nada sinxelo, así que esta semana haberá que traballar para mellorar”.