2-4: Vitoria moi custosa e liderato do Infantil

Ester (2), Candela Bouzas e Nerea marcaron ante o Lóstrego FC Gondomar para consolidar ao equipo na primeira posición.

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía logrou unha importante vitoria en Gondomar que lle afianza no primeiro posto da Liga. As pontinas aproveitaron a xornada de descanso da UD Mos cun brillante e custoso triunfo ante o Lóstrego CF Gondomar. Os tantos de Ester adiantaban por dúas veces ás azuis e nos minutos finais Candela Bouzas e Nerea poñían a guinda e aseguraban o resultado final.

As de Alba Rodríguez comezaron cun once inicial formado por Valeria na porta con Antía no lateral esquerdo, Silvia no lateral dereito, e Laura Añón e Lucía Pérez ocupando as demarcacións de centrais. De medio centro defensivo xogou Sara Bonjoch con Sara e Cuque por diante e Ester e Candela Bouzas nos extremos acompañadas por Claudia Castro como punta de lanza.

Comezaron ben as azuis, nesta ocasión de amarelo, no minuto 7 unha recuperación da macedá Sara Bonjoch ao borde da area rival serviu para que nun preciso pase a Ester esta fusilara de tiro cruzado e firmara o 0-1 co que as de Alba se marcharían en vantaxe para o descanso.

Tras o paso polos vestiarios a segunda parte foi unha montaña rusa de emocións. No minuto 46 unha xogadora do Lóstrego conseguía gañar as costas da defensa ourensá e Laura Añón derribabaa ao borde do área, xogada moi polémica na que os afeccionados locais pedían a súa expulsión.

Na correspondinte falta ao borde do área, Valeria era quen de parala, pero a chuvia facíalle conceder un rexeite que Lucía Pérez Mella (48′) aproveitaba para por a igualdade no marcador e tódalas espadas no alto.

O empate non baixou os brazos do Rosalía, que seguiu tentando dominar ás olívicas co seu xogo combinado, a pesar do estado do terreno de xogo, tan enchufado que se hacía moi dificultosa a circulación do balón. Nunha de esas combinacións, Candela Bouzas dende banda dereita era quen de ceder cun pase preciso e diagonal a Ester en banda contraria, cun control orientado se desfacía da súa lateral e de potente disparo cruzado facía o 1-2. Golazo de Ester (57′) para volver a por por diante no marcador as pontinas.

Pouco lle durou a alegría ás de Alba, dous minutos despois, nunha imprecisión na defensa dun saque de esquina, Lucía Pérez Mella, novamente, empataba o partido e deixaba o partido aberto para os derradeiros 20 minutos.

Nos últimos minutos estiveron máis acertadas e centradas as azuis. Unha boa combinación Claudia Castro gañaba as costas da defensa rival e se planta soa fronte a porteira rival, no man a man seu tiro pega incomprensiblemente no pau, cando toda a afección visitante cantaba gol, pero a defensa do Lóstrego trababa á dianteira azul por detrás e facíalle un claro penalti que Candela Bouzas (67′) anotaba, segundo esta tempada.

Acusou moito este tanto o equipo rival, que máis con corazón que con cabeza trataba de volver a igualar o encontro a base de forza e empuxe. O partido parecía decidido pero o marcador ainda se movería unha vez máis. No tempo de desconto, a ribeirense Nerea (77′) era quen de recibir un balón de costas na área visitante e á media volta executar un potente lanzamento e puxo o 2-4 final no casilleiro ante a algarabía da afección visitante.

A próxima xornada será de descanso para a EFF Rosalía Infantil, que estará atenta o partido que disputarán Mos e Lóstrego, coa opción das primeiras de empatar coas azuis na cabeceira da táboa.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content