0-8: Goleada en el Manuel Silva

As pontinas superaron con comodidade ao conxunto teense e continúan en fase de ascenso.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía venceu con comodidade ao Praiña nun bo partido de fútbol das de Alberto Tamayo (0-8). Zaira (2), Sampayo (2), Bonjoch, Feijóo e Aldarita foron as goleadoras que permiten ás azuis continuar en postos de fase de ascenso, coa vista xa posta xa no seguinte partido en casa ante Xuventú Aguiño.

Rosalía saíu coa intención de dominar o partido e así o fixo. Desde o primeiro minuto as de Alberto Tamayo apropiáronse do balón e o Praiña esperando a saír ao contragolpe. Tras un centro de Feijóo, as azuis tiveron a primeira oportunidade nas botas de Zaira, pero o seu disparo desde a frontal da área detívoo Laura Gestoso. Acto seguido, quen si que puido abrir a lata foi Sara Bonjoch, que remata ao fondo da rede unha xogada que se fabricou entre Candela e Clau no minuto 5. A centrocampista de Maceda buscouse o espazo ela soa entre defensas e o seu disparo non o puido parar Laura esta vez para abrir o marcador. Despois de estrear o marcador, as azuis non se detiveron e entre Sampayo e Zaira, que desaproveitou unha ocasión clara, non puideron aumentar a vantaxe pontina.

Finalmente, Zaira non perdoou desde os once metros. Clau gañoulle moi ben as costas ás defensa teenses e ha sio derrubada dentro da área. Así, a dianteira puido refacerse das dúas anteriores ocasións, onde non puidera rematar en condicións, e marcou o segundo gol azul de penalti para encarar ben o partido. Segundo sacan, as locais realizan un saque en longo e unha indecisión entre Sabela e Noa a punto estivo de acabar en gol. O duelo fíxose ofuscado despois do segundo tanto das nosas nunha batalla no medio campo que dificultou moito a transición e a creación do xogo nesa zona e a falta de ocasións. Con todo, ao final dos primeiros 45 minutos, unha internada de Sampayo pola esquerda é cortada por María Vanesa, pero ao ceder á súa porteira e esta non poder coller o esférico coa man, aprovéitao a lateral para marcar. Así, as xogadoras fóronse a vestiarios cun 0-3 no marcador a favor das de Alberto Tamayo.

A EFF Rosalía aumenta a vantaxe
Na continuación, o guión do partido foi o mesmo. Sampayo anota o cuarto aos cinco minutos da continuación e, un minuto despois, unha boa xogada colectiva termina cun centro de Candela desde o sector dereito que despexa a defensa e Feijóo púidoo aproveitar cun disparo de chilena axustado ao pau que significou o cuarto. Pese ao resultado, as azuis seguiron atacando. Así, o noso equipo continuou demostrando a súa superioridade e non parou de acosar a portería local, conseguindo outra recompensa en forma de gol no minuto 60 de partido. Zaira, que a xornada pasada marcou dúas dianas, volveu ha facer o esta semana aproveitando un bo pase á carreira. A dianteira de 20 anos plantouse soa ante Laura Gestoso e non perdoou o sétimo gol das pontinas. O oitavo non tardou en chegar, con Aldarita aproveitando un corredor no sector defensivo rival para plantarse ante a gardameta local e superar a súa saída.

Así, e a pesar dalgunha ocasión máis por parte das pontinas, o marcador non se moveu máis e a Escola de Fútbol Feminino Rosalía conseguiu outra vitoria contundente para continuar en postos de fase de ascenso. A próxima xornada será coa visita do Xuventú Aguiño ao Municipal de Oira.

Ao remate do mesmo, Alberto Tamayo foi claro co xogo das súas: “Partido moi serio por parte das nosas xogadoras ante un rival cun centro do campo moi ben plantado intenso. O dominio do xogo e do partido foi pola nosa banda, pero o rival nunca lle perdeu a cara e tentou poñernos en dificultades, aínda que as nosas xogadoras como bloque mostráronse firmes, seguras e prácticas. A destacar a mellora no xogo asociativo, sobre todo na parcela central do campo. En resumidas contas un resultado positivo fóra de casa, sendo o máis difícil a partir de agora manter a regularidade e o nivel”.

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content