Praiña-Rosalía: Volver á senda positiva a domicilio

O choque dará comezo ás 12.00 horas no Municipal Manuel Silva.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía busca un novo triunfo na súa visita ao Praiña Sporting Club. As pontinas, que veñen de golear ao Vitoria FC ‘C’ tras un partido de boas sensacións, loitarán por esa vitoria que lles outorgue unha regularidade máis definida, ou este doutro xeito, que lle dea certa continuidade nun tramo de competición tan esixente como importante para chegar ao momento de inflexión necesario para seguir avanzando.

Precisamente neses termos falaba o adestrador, Alberto Tamayo, ao termo do anterior encontro: “XX”. Mídense dous rivais totalmente distintos en canto a sensacións e puntos -as teenses son cuartas pola cola-, pero coa dificultade engadida de que as de Alberto Tamayo pasárono peor contra equipos da zona baixa da táboa, vitoria ante InterRías ‘B’ (2-3), empate ante Chantada (2-2) e a derrota na última saída ante San Mateo (2-1). Pola súa banda, as nosas queren enlazar triunfos consecutivos, co amargo recordo do último desprazamento ao Oural, pero co recordo tamén do traballado sumatorio de tres logrado en Oira nunha demostración de que este equipo sabe levantarse. Ademais, o de mañá será un duelo inédito entre dous conxuntos que nunca se enfrontaron anteriormente.

Para este encontro, o ourensán confeccionou unha lista de 16 futbolistas, voltando Fifi, Sampayo e Cloe despois de estar ausentes a semana pasada. Así, a convocatoria completa fórmana:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Laura, Matilde, Sabela, Sampayo, Feijóo e Fifi.
Centrocampistas: Cloe, Aldarita, Bonjoch, Candela e Aroa.
Dianteiras: Clau, Vicky, Zaira e Noui.

Praiña
O conxunto de Reis comeza a xornada na duodécima posición con 4 puntos na súa marcadora. O seu balance ata o momento é de 1 vitoria, 1 empate e 5 derrotas. No seu feudo, tan só conseguiron un punto, precisamente no derbi ante Cacheiras no seu último partido en casa (2-2). No apartado ofensivo, Fátima Yesenia é a súa máxima artilleira con dous goles en 7 partidos.

Así, o partido correspondente á décima xornada da liga dará comezo ás 12.00 horas deste domingo no Municipal Manuel Silva, coa arbitraxe do colexiado Ángel Penela Rodríguez.

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content