As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía Infantil recibía ao Lóstrego CF na 10.ª xornada de Liga. As azuis tiñan a necesidade de puntuar tras tres xornadas consecutivas con derrota. En fronte un rival coa dinámica inversa, dúas vitorias consecutivas.
O Lóstrego adiantouse no marcador no minuto 4 con gol de Ana. Cunha presión alta en campo rival, o segundo anotouno Candela Donato nada máis superar os dez minutos e o terceiro non tardou en chegar -só catro minutos despois, esta vez, a protagonista foi Vera Picher.
No 36 de partido, Vitoria Ameneiro transformou en gol unha nova xogada de ataque das visitantes, colocando o 0-4 definitivo co que rematou a primeira metade.
Na segunda metade, as nosas rivais non cesaron na presión a pesar da distancia no marcador. Ana completou o seu ‘póquer’ particular con outros tres goles entre os minutos 62′ e 70′.