1-0: Quinta derrota consecutiva a domicilio

O Bueu vence á EFF Rosalía con gol de Elena Pastoriza.

Quinta derrota consecutiva a domicilio na visita ao Nuevo Municipal de Bueu. A EFF Rosalía non puido sumar unha vitoria importante na vixésima xornada de Liga. As de Canal non foron capaces de remontar o gol inicial do Bueu, que se adiantou de penalti e lograr algo positivo no seu desprazamento á península do Morrazo.

Custou que entrasen en xogo os dous equipos, o que provocou que o partido fose moi trabado e feo pero disputado nos noventa minutos. A primeira metade foi de dominio da EFF Rosalía pero ao fío do descanso un penalti moi dubidoso sinalado polo colexiado do encontro, Sergio García, era convertido por Elena Pastoriza (39′) e adiantaba ás locais por un gol que sería definitivo.

Tras ver o sucedido na primeira metade, as azuis saltaron ao céspede na segunda con máis corazón que cabeza pero o gol non chegaba ao igual que as ocasións e o resultado manteríase inmóbil. Gran esforzo físico das xogadoras de Canal que non mereceron saír derrotadas despois do visto nos noventa minutos de partido.

O técnico analizaba ao rematar que “o equipo intenta competir cos equipos de arriba pero é certo que cústanos bastante porque perdemos con todos eles. Diría que están un punto por riba nosa pero seguiremos pelexando ata o remate da competición”.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content