Bueu-Rosalía: A polo triunfo antes do parón

As azuis afrontan no Nuevo Municipal de Bueu a vinteaba xornada de Liga (domingo, 16:00h).

Despois de perder os catro últimos partidos lonxe do Monte da Aira, a EFF Rosalía volve xogar como visitante. Será no Nuevo Municipal de Bueu, onde as azuis mídense ao CD Bueu (16:00 h, domingo) para afrontar a 20ª xornada de Liga. Un campo complicado no que o conxunto de Canal buscará sumar os tres puntos antes do parón da competición polos partidos da selección galega e as festas do entroido.

O equipo está a mostrarse irregular nos derradeiros partidos e nada sólido en defensa, especialmente no últimos tres partidos, nos que non encaixou sete tantos (contra Cambados non se disputou o partido). Un aspecto moi importante que destacou Juanma (2º adestrador) na rolda de prensa previa ao encontro: “Pola nosa parte non queremos que sexa un partido de goles porque non nos conviría porque elas marcan moitos goles en ataque”. Para o encontro da tarde de mañá, o técnico citou a 16 futbolistas.

Convocatoria
Porteira: Rocío.
Defensas: Isis, Aldara Sequeiros, Feijóo, Andrea e Noa.
Centrocampistas: Aldarita, Ainara, Alba, Yadira e Sabela.
Dianteiras: Aitana, Silvia, Noui e Zaira.

O partido de ida é un bo exemplo do que non pode pasar o domingo, as azuis gañaban por 2-0 e as bueuesas chegaron a empatar, aínda que finalmente a vitoria caeu de lado ourensán. Feijóo marcou dous goles nos dous últimos partidos.

O Rival
O Bueu afronta o seu segundo enfrontamento da tempada contra a EFF Rosalía (o da primeira volta terminou 4-2) como terceiro clasificado na liga, a tres puntos do segundo, antes de comezar esta xornada 20. Elena pastoriza, con 28 tantos, é a sua máxima goleadora, mentres que Lara Boubeta leva 27 no que vai de tempada e marcou nos derradeiros dous partidos. O balance a domicilio é de 6 victorias, un empate e duas derrotas, recibindo os mesmo goles en contra (30) que a EFF Rosalía pero cun balence de +29 a favor con respecto as azuis. Ademáis, xunto con Pereiró, son dous únicos equipos que venceron ao líder Chispa.

Precedentes
Segunda ocasión na que se enfrontan Bueu e Rosalía, na primeira volta a vitoria foi para as azuis por 4-2 no Monte da Aira, nun partido que comezou cun 2-0 que remontaron as visitantes pero nos derradeiros 10 minutos, os goles de Lidia e Ainara deron a victoria á EFF Rosalía na xornada 5.

Resto da xornada
Ben seguro que haberá alguna sorpresa na xornada de domingo, Umia “B” e Puentearnelas y Vilariño-Noalla poden ser os partidos mais igualados.

Todos os partidos serán en xornada de domingo:
11:00 SD Chispa – SPC San Mateo
13:00 Racing de Vilariño – SD Noalla
16:00 CD Bueu – EFF Rosalía
17:00 Juventud Cambados – EDVM Pereiro
17:00 Umia CF “B” – SD Puentearnelas
17:00 CD Mosteiro – Balaidos CF
19:00 SCD Ponte Caldelas – Gondomar FB
Descansa Marin CF

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido