1-2: O Infantil non pode puntuar ante o Victoria da Coruña

A  EFF Rosalía infantil non puido gañar ao Victoria CF no Monte da Aira na 3ª xornada de Liga. Adiantáronse as visitantes na saída dun corner no que Carla (14’) remata un balón morto no área pequeno. Na segunda parte Carlota (50’) aumenta a ventaxa e Ester (78’) acortou distancias. A próxima cita do Infantil será a domicilio fronte o Umia CF, oitavo na clasificación.

Sairon máis enchufadas as xogadoras do Victoria e fixéronse co control do xogo, as nosas non daban triángulado e non conseguían achegar o perigo á portería defendida por Paula. Polo contrario, a boa colocación defensiva facía que as rivais tampouco creasen perigo no área local. O equipo de Alba Meilán aproveitaría unha xogada a balón parado para adiantarse, Carla no 14’ cazaba un balón rebotado no área pequeno e superaba a Valeria que nada podía facer por deter o balón. Ainda así, as azuis continuaron intentando chegar aos dominios e tiveron duas ocasións. Ester, nunha internada pola dereita e Cuquejo nun balón ao borde do área, non acertaron entre os tres paos.

Segunda parte diferente
Tralo paso polos vestiarios o xogo cambiou totalmente, o mellor físico das visitantes se impuxo e Carlota firmaba o 0-2 (50’) ao plantarse soa ante Rocío e superala por baixo. Alba movía fichas pero a superioridade física das coruñesas se impoñía en todos os duelos corpo a corpo, o sistema táctico do Victoria facía que fose moi difícil facerlles dano en defensa pero un balón entre liñas o recollía Ester superando a defensa de María e a saida de Paula. A remontada parecía posible e no arreón final chegarían duas claras ocasións, unha na que Paula se atopaba co balón e saía rexeitao ao pao e outra que despexaba a defensa baixo paus, ambas á saída de sendos cornes.

Ester marcou o gol das azuis.

Cando parecía que o gol chegaría, noutro corner Marta Montes e Laura Añón se mancaban, nese momento saiu a deportividade de Alba Rodríguez, coas duas xogadoras intentando recuperarse no chan lle solicitaba ao colexiado do encontro que pitara o final do mesmo para así facer unha mellor recuperación das suas pupilas.

Derrota pola mínima para a EFF Rosalía Infantil ante un rival exixente.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content