As promesas viaxan na volta á competición

Nova viaxe para as nosas promesas despois do parón competitivo.

Este sábado un novo dobre compromiso das nosas pequenas fora da nosa cidade. Nesta ocasión as máis madrugadoras serán as nosas peques do Promesas “B” que teñen unha nova ocasión de seguir aprendendo no Municipal de Meis contra o Mosteiro. As peques cas baixas de Cayetana e María, recuperan a Noa Sanz e a Nicole dos seus respectivos esguinces de nocelo. Estamos seguros que as promesas “B” antes do parón de Nadal conseguirán unha recompensa a modo de puntos.

O promesas “A” nesta ocasión viaxa a Valladares a xogar cun clube amigo como é o Valladares. As de Juanma Bello que non coñecen a derrota están demostrando unha gran melloría no seu xogo e moita polivalencia das súas xogadoras en diferentes postos. Esperamos que sigan na misma xeira positiva, non só de resultados senon tamén de aprendizaxe.

Sorte pequenas e desfrutar dunha boa mañá sabatina de fútbol.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content