Novo dobre desprazamento para os dous equipos que compiten na Liga Promesas .
A EFF Rosalía “A” desprazouse á Gándara, campo do clube amigo Valladares que nos recibía nunha mañá de intensa choiva durante todo o partido. As nosas adaptáronse mellor cas nosas rivais as condicións climatolóxicas e cun bo xogo e unha alta intensidade dominaron o partido sin problemas ante un Valladares que non ofreceu a súa mellor versión, pero que estamos seguros que co traballo que alí fan, pronto mellorarán nas súas prestacións.
A EFF Rosalía “B” non tivo un bo día no Municipal de Meis fronte a un Mosteiro que se mostrou superior de principio a fin e con dúas xogadoras como Paula Palacios e Alba Barreiro que se fixeron donas do partido dende principio a fin cun gran xogo. A única das nosas que ofreceu un bo nivel foi a nosa porteira Iara as demáis non tiveron o seu día sobre o verde do Municipal de Meis. Toca seguir traballando e seguir medrando paso a paso.
Ánimo Rosalías!!!