10-0: Rosalía sigue invicta en la Liga

O equipo, que encadena 5 encontros vencendo, selou a súa vitoria na primeira metade cos goles de Noui (3), Zaira (2) e Aida.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía tiña que gañar ao Lalín para seguir invicta na Liga e sumou tres importantes puntos para consolidar a súa clasificación aos playoffs de ascenso. O triunfo selouse na primeira metade cos goles de Zaira, Noui e Aida nos primeiros 45 minutos, A primeira ocasión protagonizouna Noui aos tres minutos, pero o seu disparo intentando superar por alto a Lucía e detido en dous tempos. O primeiro chegou a balón parado logo dunha man Xiana ao bordo de área. Zaira provócao e ela mesma colócaa na escuadra para adiantar ás azuis no marcador.

O gol local minou a moral das lalinenses, situación que aproveitaron as xogadoras de Miguel Saa para dar un paso adiante e resolver o partido. As pontinas ían a por máis goles pero non creaban ocasións claras. O segundo, dez minutos máis tarde, chegou logo dun erro no despexe de Andrea que provocou un barullo no bordo do área, o balón caeu aos pés de Saray, que asistiu a Noui que cruzou o balón ante a defensa de Antía e Laura a onde non puido chegar Lucía.

Tres goles en cinco minutos
A sentenza definitiva chegou con tres goles en cinco minutos, desde o 27 ao 32. Noui repetiu ao rematar un rexeite de Lucía a un centro de Yadira en área pequena. Tres minutos máis tarde, córner sacado por Zaira, rexeita a defensa e o balón cae aos piés de Aida ao bordo do área. A centrocampista non dubida en tirar e o balón acaba no fondo da rede. No seguinte achegamento chegou o quinto (terceiro da dianteira). Xogada por banda de Aida e Sabela, centro ao momento de penalti e Noui sen obstáculos colócaa ao pau esquerdo da portería defendía por Lucía.

Yadira caeu lesionada nos minutos finais da primeira parte.

Lesión de Yadira
A piques de rematar a primeira metade, minuto fatídico. Xogada por banda de Yadira, o seu centro rexéitao a defensa visitante e Xiana e Yadira buscan o balón, a defensa salta por encima da súa rival e na caida torce o xeonllo dereito e ten que abandonar o campo. Momento negativo do partido preludio do sexto. Aida triangula con Zaira, que con forte chut dende fora do área marca o segundo da sua conta.

Tralo paso polos vestuarios, Patricia substituíu a Sequeiros e Silvia a Aida e no 53′ Saa deu entrada ás infantís Ester e Sara en lugar de Noui e Sabela. Precisamente unha das recentemente incorporadas logrou marcar aos trece minutos de entrar o seguinte gol. Un balón ás costas da defensa de Silvia recólleo Patricia no área e supera a saída de Lucía marcando na súa debut coa camiseta azul esta tempada. Catro minutos despois, Zaira saca un cornér e o balón peta na perna de Ainhoa, despistada pola sua porteira, introducindo o esférico na súa propia porta.

Remate
Os dous últimos tiveron a firma de Zaira e Saray. O terceiro da dianteira chegou tras un saque de banda de Silvia que cede a Ester. O seu centro desde a dereita remátao Zaira no segundo pau. No 83′, Aldarita recupera no medio campo, cede a Silvia que filtrou un bonito pase a Patricia e o seu posterior centro remátao a porta baleira no Segundo pau Saray para marcar o seu segundo gol ao Lalín nesta campaña. Os de Saa, que terminaron imbatidos nos cinco encontros desta campaña, xa pensan no seguinte partido en Monforte.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content