“Probamos algún cambio de posicións pero en liñas xerais seguimos tratando de adquirír automatismos que nos permitan seguir mellorando e aprendendo”, dixo o adestrador.
A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía venceu ao Lalín un encontro que Saa resumiu así nunha roda de prensa telemática no Monte da Aira: “O partido foi desigual desde o primeiro gol, o equipo rival saíu a tratar de defenderse desde o principio, cunha boa organización defensiva e moita concentración”.
“A verdade elas estaban bastante ben organizadas e viñéronse abaixo tras o primeiro gol, aínda que é de valorar que seguiron coa súa idea inicial e obrigáronnos a facer un esforzo para levarnos os tres puntos”.
Demasiada diferencia
“Desde que se rompeu o partido, si que é verdade que se noto algo a diferenza, pero habemos de dicir que nelas se ve unha gran melloría desde a primeira volta e sendo un equipo tan novo vese que teñen moito futuro”.
Patricia
“Xogou 45 minutos, fixo un gol e unhas catro ou cinco acciones de mérito, aínda que é verdade que lle falta adquirir automatismos propios da posición e do sistema de xogo, temos esperanzas de que continúe adaptándose ao xogo do equipo”.
Ester e Sara
“As infantís temos que destacar delas a súa alegría e atrevimiento no xogo, ao final saben que si adestran ao 110% e permítellenos imos contar con elas, teñen calidade para poder competir coas maiores e non só Esther e Sara, si non todas as infantís de segundo ano”.
Yadira
“Yadira torceu un xeonllo nun lance fortuito ela soa e non puido continuar e nunha primeira observación no campo non notamos hinchazón na zona. Unha vez revisada en primeira instancia polos servizos médicos do club no Centro Médico O Carmen estimaron que non había lesión no cruzado pero é pronto aínda para saber o alcance da lesión ata realizar máis probas. Pola nosa banda, esperemos que sexa soamente un esguince”.
Pola súa banda, Alex González, técnico do Lalín explicou como foi o partido: “Ao partido sabíamos ao que viñamos. O Rosalía é un equipo de outra categoría, moi superior aos equipos da categoría e intentamos ao principio aguantar un pelín atrás e saíunos ben durante os primeiros vinte minutos ata que unha xogada de mala sorte cunha e man e a conseguinte falta que acabou en gol. A partir dese momento se viñeron abaixo as nosas e pouco máis que engadir a verdade”
Demasiada diferencia
“Si, porque ademais as nosas é o segundo ano que xogan ao fútbol e antes xogaban ao fútbol sete, polo que se están adaptando as dimensións e cunha Liga tan corta non teñen tempo a adaptarse e nótese moito esa diferencia de pasar de fútbol-7 a fútbol-11”
Estilo de xogo
“Intentamos xogar dentro das nosas posibilidades, sobre todo nos outros partidos xa que hoxe sabíamos onde viñamos e que diante estaba un equipo bastante superior ao noso ao que non lle podiamos competir o balón pero nos anteriores si o intentamos. Ademais, para progresar no fútbol a mellor maneira e facelo dende abaixo, sen dar patadóns cara arriba e así ir mellorando pouco a pouco”.