11-0: Cuarta vitoria consecutiva no Monte da Aira

Goleada das azuis nun partido marcado polas baixas rivais.

A EFF Rosalía impúxose nun partido cunha soa cor e empata a 35 puntos co Gondomar na sexta posición. As azuis derrotaron ao Pontecaldelas nun bo partido, con goles de Patricia, Alba (2), Yadira (2), Sara, Zaira, Isabel e Noui (2).

A EFF Rosalía impúxose nun partido cunha soa cor e empata a 35 puntos co Gondomar na sexta posición. As azuis derrotaron ao Pontecaldelas nun bo partido, con goles de Patricia, Alba (2), Yadira (2), Sara, Zaira, Isabel e Noui (2).

Chegaban as pontecaldelás lastradas dende o minuto 1’ ao só contar con 10 xogadoras. Canal decide saír ao campo tamén con 10 xogadoras para igualar aos dous equipos. Dominio total das azuis, que se adiantaban na primeira ocasión, Alba e Patricia fan unha parede na frontal que remata a última para o 1-0 (9’). Un minuto mais tarde, Yaiza abandona o campo por lesión e o Pontecaldelas xoga con nove. Dous minutos mais tarde aproveita un roubo de Zaira para adiantar por 2-0 as locais.

Transcorrían os minutos e as ocasións chegaban en cada ataque, no 19’ Patricia remata por riba do arco. Cinco minutos mais tarde o mala sorte cébase novamente coas visitantes, Alicia Soliña marca en propia porta despois do tiro de Zaira e ten que retirarse do campo por mareos, o Pontecandelas quédase con 8 xogadoras. Nos seguintes dez minutos, tempo que estivo Alicia fora do campo, Yadira marca os seus dous goles, o segundo de forte tiro pola escuadra.

Debut de Sara
No minuto 38’ prodúcese un dos momentos importantes do partido, Sara entra por Noa e debuta no equipo sénior dende o infantil, sendo a segunda debutante despois de Lidia.

Dominio total
Á volta de vestiarios Canal aproveita para facer todos os cambios, entran Saray, Isabel, Lucía Vázquez e Aldarita. Foi tal o dominio que na segunda metade, durante moitos minutos as azuis xogaron cunha soa defensa. No 48’, unha boa xogada de Sara remata co debut perfecto, gol e 6-0. As ocasións chegaban de continuo e o perigo chegaba por ambas bandas, Saray e Noui creaban perigo de continuo. Zaira (53’) marcaba seu gol tras asistencia de Alba. Alba marcaba o segundo da súa conta tras facer unha parede no saque dun córner con Noui. Saray e Noui cambian de banda e Isabel aproveita unha boa xogada da segunda para marcar o 9-0. Nos dez últimos minutos Noui marca un dobrete (81’ e 86’) para cerrar o marcador final.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content