“Temos que levar o ritmo dos partidos. Non podemos levar o ritmo dos equipos contra os que xogamos. Temos que seguir mellorando”, añadiu o técnico.
Iván Canal compareceu na sala de prensa do Monte da Aira e analizou a vitoria no partido da xornada 21 de Liga: “Partido dominado de principio a fin por parte nosa”.
“Partido sinxelo sen contratempos. Puidemos marcar mais goles polas ocasións, pero o mais importante foi que todas as xogadoras tiveron minutos e non se lesionou ninguna”.
Minutos as menos habituais
“Aproveitouse para dar minutos a certas xogadoras, pero teñen que esforzarse mais. Quédome co debut de Sara que ademais marcou un gol”.
Zaira
“Zaira marcou un gol. É certo que leva varios partidos que non ten sorte de cara a porta. Dende a lesión baixou no remate, pero non me preocupa, son rachas e confío nela 100%. Hai que anímala e por errar non pasa nada. Ten que seguir traballando para mellorar”.
Sara e a canteira que ven detrás
“Pois si, hai canteira. Sara fixo un bo partido e marcou no seu debut. Lidia e Ester tamén adestran co sénior e teñen nivel. Candela adestrou o pasado venres e gustoume. Alba está a facer un gran traballo cas infantís e notase no nivel que nos poden ofrecer as rapazas que veñen dende abaixo”.
Novas posición
“Adaptáronse ben. Teñen que probar en varias posicións para mellorar e asumir mais roles no equipo. O que si lles pediría e mais esforzo do que xa fan”.
Joaquin Martinez, adestrador axudante do Pontecaldelas lamentouse de que chegaron ao partido moi lastrados polas lesións: “O equipo viña con moitas baixas porque viaxamos con 10, moitas lesionadas ou que non podían xogar, o que fixo que só houbese un equipo no campo”.
Con 9 case todo o partido
“As xogadoras esforzáronse e co seu compromiso fomos pasando o partido. Nós viñamos con moitas baixas e sabiamos que ía ser difícil pero quedo con que as xogadoras disfrutaran”