Sara, a primeira en xogar en tódalas categorías do clube

Debutou con 12 anos e 87 días convertendose na primeira xogadora que debuta en todos os equipos dende a creación como clube.

A EFF Rosalía gañou o cuarto partido consecutivo fronte ao Pontecanlelas no Monte da Aira. Un partido que tivo unha protagonista destacada: Sara Rodríguez. Ademais de ser unha das mellores do partido, a ourensá marcou o sexto gol e converteuse na primeira xogadora en debutar en todos os equipos do clube na liga con 12 anos e 87 días.

Sara debutou no equipo Promesas o 27 de outubro de 2018 no Monte da Aira fronte o Umia CF marcando o primeiro gol na historia da EFF Rosalía Promesas. O 20 de outubro do 2019 faría seu debut no infantil en As Baloutas fronte a UD Mos, marcando seu primeiro gol na categoría na xornada 5 fronte a SCD Milagrosa no Monte da Aira.

Sara caeuse no primeiro balón que tocou.

Anécdota no primeiro balón
A pesar de saír sen nervos, Sara protagonizou a anécdota do partido ao tocar o primeiro balón e caer ao chan, algo que non a amedrentou, xa que continuou pedindo pases as suas compañeiras ata facer unha gran xogada individual para marcar no seu debut no minuto 48’.

Outros dos momentos foi cando mestra e alumna compartiron equipo e minutos, Alba, adestradora en Promesas e infantil de Sara vía como a súa pupila agora era compañeira de equipo. En todo momento deulle consellos e intentou que entrase en xogo.

Sara compareceu despois do seu debut en partido oficial coa EFF Rosalía e dixo: “fíxome moita ilusión xogar coas maiores do club do equipo de referencia do Rosalía no que espero xogar dentro duns anos”

Mestra e alumna xuntas
“A verdade é que gustoume moito xogar con Alba no medio do campo, aínda que ningunha das dúas somos moito de correr pero si de buscar o caño”

Primeira xogadora en debutar en todos os equipos
“É unha honra para min poder aportar meu graniño de área neste club, sexa no equipo que sexa, xa que gozo moito deste deporte e xogaría todo o día”


Debut
“Un espectáculo, o mellor debut posible, non só polo gol, senón tamén pola vitoria do equipo. Espero seguir contando para Iván sempre que sexa necesaria para o equipo”

Check Also

Aldarita, tamén centenaria coa EFF Rosalía

Nos seus cen partidos como azul conseguiu anotar cinco tantos. Aldara González ‘Aldarita‘, centrocampista da …

Skip to content