2-1: A EFF Rosalía perde nas Baloutas

Ana Seguín marcou o gol das de Saa, que non puideron sumar fronte ao Os ‘B’ e seguen cuartas.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía intentouno ata o final, pero non puido dar a volta ao 3-0 co que se puxo en vantaxe o Mos ‘B’. Ana Seguín, que marcou o seu primeiro gol nas tres xornadas de Liga disputadas, reduciu distancias no 88′ e ata puido marcar un minuto despois nunha ocasión de Laura Añón. Malia a derrota, o noso equipo continúa a un punto do líder da Liga. Foron precisamente as azuis as que saíron a polo seu rival cunha presión alta pero quen se adiantaba eran as locais cun gol aos tres minutos de Sara Cuiñas. Logo dunha falta lateral sen perigo, Noa cede o balón a Laura Añón, que se confía e a dianteira moense curta o pase a Bea e non falla ante Rocío, malia tocala a porteira.

Fara tivo a mais clara das azuis en Mos.

Seis minutos despois, un pase ás costas de Bea de Arantza deixa soa a Sara Cuiñas ante Rocío pero chega antes a porteira. A resposta das visitantes chegou no 9′ cun roubo de Zaira que asiste a Fara que no man a man dispara pegado ao poste da portería defendida por Ángela. O partido volveuse máis táctico e habería que esperar ata o 33′ noutra xogada de Arantza e Sara Cuiñas, que non supera a Rocío nun novo man a man entre dianteira e porteira, na que sería a derardeira ocasión da primeira metade.

Na reanudación, a EFF Rosalía puido empatar no 49′. Zaira sacou unha falta e o balón paséase por diante da portería a donde non chega Laura Añón e non acerta a rematar Fara. A partir de aí, parecía mais preto o empate que outro gol local. Puido marcar nuevamente Zaira no 60′ logo dun centro de Noa desde a esquerda, pero o seu tiro deteno sen problemas Ángela. A acción polémica do partido chegou no 66′. Unha falta de Aldarita sobre Marta desata as protestas de Miguel Saa, que recibe cartón vermello directo por parte do colegiado Vieitez Branco. “Non é falta na vida”, foron as palabras que dixo o técnico ao preguntarlle en roda de prensa.

Tres goles nos derradeiros 15 minutos

Sentencia del Mos
Parecía que el empate estaba en manos del Rosalía pero quienes dieron la puntilla fueron las amarillas con dos goles en seis minutos. Olivia, en el 74′, marcaba nunha xogada illada por banda pero o seu tiro preciso á escuadra superaba a estirada de Rocío, golazo. Non baixaron os brazos as azuis pero novamente outra xogada illada, esta vez de Candela Rodríguez sentenciaba cun forte chut desde fora do área. Co tempo case cumprido, Ana Seguín (88′) acurtaba distancias e aínda parecia posible a remontada. As de Saa intentárono ata o final, pero non puideron sumar nas Baloutas a pesar de que un minuto despois Laura Añón non acerta noutra clara ocasión.

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido