Saa: “O resultado igual paréceme algo excesivo”

“O partido foi disputado por dous equipos moitísimo respecto mutuo”, dixo o adestrador.

Miguel Saa compareceu ante os medios de comunicación tralo Mos ‘B’-Rosalía da terceira xornada de Liga. O técnico dixo: “Realmente foi un partido no que houbo poucas ocasións en xeral. Co 1-0 Fara ten un man a man que puido cambialo todo, do mesmo xeito que a ocasión de Laura co 3-1 no marcador. Realmente elas estiveron máis acertadas nas áreas que nós e iso decantou o partido do seu lado. No segundo tempo estabamos mellor nós e elas metéronnos o segundo e o terceiro, ao final o fútbol é estar acertado neses momentos craves”.

“Hai moi bos equipos no grupo. Non creo que nós sexamos as únicas que esteamos nesa pelexa aínda que o pense o técnico rival hoxe. Lóstrego ‘B’ e Peñasco, por poñer dous exemplos, son equipos importantes tamén”.

“Pensar en quedar arriba a día de hoxe non nos quita o soño”

Miguel Saa, adestrador da EFF Rosalía Senior

Nivel del equipo
“Ao final elas sabiamos quen eran, e gañaron. Nós non imos facer outra cousa que corrixir erros pensando na seguinte semana. Mirar mais alá que a semana que vén e pensar en quedar arriba a día de hoxe é algo que non nos quita o soño”.

Expulsión
“O árbitro quixo ser o protagonista desde que chegou ao campo. Non foi determinante en absoluto no marcador, pero foi nefasto no trato. A xogada anterior faltoulle ao respecto a unha xogadora nosa e como llo recrimine aos 20 segundos sácame vermella directa por dicirlle ‘non é falta na vida’ “.

Primeira derrota
“Estou seguro de que non lles vai a afectar a derrota de hoxe. As mozas son moi fortes e estou seguro de que non están pensando noutra cousa que non sexa resarcirse en cada adestramento da semana e o domingo contra Valladares en Oira”.

Sueiro dando instruccións durante un lance do encontro.

“Gañar hoxe é un paso importantísimo”

Roberto Sueiro, adestrador da UD Mos ‘B’

Roberto Sueiro respondeu ás preguntas dos medios do club unha vez terminado o encontro con vitoria para o seu equipo: “Hoxe era o partido da Liga porque, para min, o Rosalía é o equipo máis forte do grupo. Xa o vin cando fomos en pretemporada e gañar hoxe é un paso importantísimo”

Partido clave
“Eu creo que si. É un dos equipos que vai a estar arriba, senón é de primeiro será de segundo e volvo a dicilo, é un dos equipos máis fortes sen dúbida”

Qué decidiu o encontro
“Elas nos tiñan un pouco estudados xa que gravaron o partido de pretemporada e seguimos usando o mesmo sistema. Fixeron algunha marcase individual no medio e custounos entrar no partido. Por sorte marcamos pronto e a partir dese momento as cosas foros mais fáciles”.

Resultado xusto
“Nun partido como este calqueira pode ser vencedor, incluso pudo ser un empate. Son partidos moi difíciles para uns e para outros. Foi un dos partidos máis importantes que imos a ser dúbida”

Futuro
“A nosa aspiración é ascender ou polo menos intentalo estando entre os catro primeiros e creo que imos no bo camiño para conseguir ese primeiro obxectivo”

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content