0-11: O Cadete vence con contundencia ao Caldas

Bo partido nas Corticeiras do ‘filial’, que consegue a primeira vitoria da tempada.

Gran triunfo da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete, que superou ao Caldas cunha gran actuación nas Corticeiras para asinar a primeira vitoria da tempada. Laura Añón, con catro tantos e Nerea con tres, foron as protagonistas do encontro, no que significa a primeira vitoria da tempada.

O partido comezou cun ritmo bastante lento, en gran parte debido ao lento que estaba o campo. As locais sairon ao contragolpe e todo o peso ofensivo recaía pola banda esquerda, onde Ester fixo moito dano no un contra un contra a lateral caldesa. O Cadete dominaba pero sen chegar con verdadeiro perigo ao área rival. Hasta que en el minuto 15, nun balón ás costas das defensas o recollía Nerea abrindo o marcador para o filial (0-1). A partir de aí destapouse a botella, e tres minutos despois gran xogada de Aroa. A defensa roubou o balón no centro do campo e foi sorteando rivais ata plantarse nun man a man con Laura Rios (0-2). O dous vindeiros goles tiveron a mesma protagonista, Nerea. O primerio tras xogada de Ester ata liña de fondo, pase atrás e a dianteira non falla na definición.

‘Hat-trick’ de Laura Añón consecutivo
No minuto 30 Sobrino decide trocar a Nerea por Laura Añón. Tres minutos despois a defensa inaugurou seu casilleiro particular. Balón as costas das centrais, Añón chuta e Laura Rios rexeita pero o balón cae novamente aos pés da defensa, que non volta a fallar (0-5). Trala reanudación, o equipo local baixou os brazos. A partir deste momento o partido tivo un claro dominador: o Cadete. Abríronse moitos ocos, o que propinou que, tras duas boas conduccions dunha Laura Añon intratable, aumentara a ventaxa en dous goles mais para as azuis (hoxe de amarelo). A pesar do marcador, o Cadete non baixou os brazos e a resposta foi inmediata. Catro minutos despois, Cuquejo estrease como goleadora esta tempada e inmediatamente despois Laura Añón marcaba seu póker particular (0-9, minuto 57′). No minuto 59′ Cuquejo nunha boa xogada con Sara Rodríguez marca o décimo. Non sería o último, a asistente sería a encargada de pechar o marcador final no minuto 70′. Nos últimos minutos, ante a desesperación polo marcador, o equipo local quizais se empleou con excesiva dureza nas xogadas divididas e o colexiado Gómez Cerqueiro decidiu poñer o punto e final ao partido.

“Chegamos a Caldas con ganas de dar un golpe na mesa”

Jorge Sobrino, adestrador EFF Rosalía Cadete

Jorge Sobrino falaba para a web do club despois da primeira vitoria despois de tres xornadas: “Estou moi contento polo partido realizado polas xogadoras. Por primeira vez na Liga creo que somos recompensadas polos méritos que fixemos no partido. Estivemos a un moi bo nivel pero toca seguir traballando e non relaxarnos para os vindeiros partidos”.

“Chegamos a Caldas con ganas de dar un golpe na mesa despois dos dous primeiros partidos de Liga”, sinalou o técnico.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content