2-1: A EFF Rosalía remonta nunha gran segunda metade

SR Calo adiantouse no minuto 6′, Zaira empatou no 68′ e Noui marcou o gol do triunfo no 80′.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía impúxose á SR Calo cunha gran remontada nos últimos minutos do primeiro partido de 2024. Gabriela adiantou ás visitantes no 6’, pero as xogadoras de Alberto Tamayo deron a volta ao partido nunha gran segunda parte. Zaira fixo o empate no 68’ e Noui rubricou a remontada do noso equipo no minuto 80 nun partido que tivo un dono en cada parte.

O primeiro achegamento chegou por parte das visitantes e significou o primeiro gol do partido. A presión alta das visitantes provoca un despexe desde a defensa que Gabriela engancha a 40 metros da portería e supera por arriba a Noa (0-1, minuto 6). Nerea tentouno seis minutos máis tarde cun remate que Noa atrapou sen complicacións. O partido non tiña un dono claro, pero o xogo máis vertical das teenses xeraba numerosas ocasións na área local. Carla foi a seguinte en levar perigo, seguida de Noa Ferro, que remata un córner alto. Ela mesma puxo en apertos a Noa no minuto 24 cun disparo que a nosa gardameta despexa a córner. Candela respondeu tres minutos despois cun disparo sen ángulo que se pasea por diante da liña de gol. Cun tiro de Vicky, no 41′, que sae pegado ao pau foise ao segundo tempo co 0-1.

Despois do paso polos vestiarios, o dominio paso a ser das pontinas tras o movemento de ‘fichas’ realizado polo técnico local. Aínda que a primeira ocasión chegou das botas de Nerea cun disparo esde fóra da área. Houbo que esperar a superar a hora de xogo para que empezasen a chegar as mellores ocasións. Noui profundiza desde o sector esquerdo e o seu centro remátao alto Clau. Fíxose Zaira co balón ao bordo da área visitante e conectou un gran disparo que saíu pegado ao poste. E no 65’, Noui obrigou a esforzarse a Denise cun potente disparo dentro da área que a meta conseguiu despexar a córner. Dous minutos máis tarde, Noa realiza un saque longo á carreira de Vicky, a dianteira supera en velocidade a liña defensiva e é derrubada por Denise dentro da área, Alcazar González sinala os once metros. Zaira non falla desde o punto de penalti facendo o 1-1.

Continuan as chegadas e complétase a remontada
Así se entrou no último cuarto de hora, no que chegou o gol da remontada. Zaira comproba os reflexos de Denise nun golpe franco no 77′. Inmediatamente despois, un bo balance ofensivo, Bonjoch asiste a Noui, que ao ver á Denise adiantada, supera á gardameta visitante cunha vaselina que acaba no fondo da rede. Nada máis sacar de centro, Nerea tenta poñer o empate novamente no marcador e Aurora cun disparo desde fóra da área, pero Noa detén sen problema ambas as chegadas visitantes. Vitoria do noso equipo, que suma os primeiros tres puntos de 2024.

“Conseguimos darlle a volta ao resultado con moitísimo traballo, orde e sacrificio”

Alberto Tamayo, adestrador EFF Rosalía sénior.

Vitoria moi importante para o técnico pontino, Alberto Tamayo: “Hoxe logrouse unha gran vitoria psicolóxica e de mérito pola entidade do rival”. Analizando o triunfo á nosa web coa seguinte valoración: “en fronte estivo un un gran equipo que na primeira parte sóubose adaptar mellor ao partido que nós a pesar de encaixar un gol moi temperán, soubemos aguantar o dominio do rival na primeira parte, non creando moitas ocasións, pero cunha boa actitude e traballo conseguimos chegar cunha renda dun só gol ao descanso. Despois de pasar polo vestiario, fixemos unha reconsideración no sistema de xogo, onde as nosas xogadoras souberon adaptarse mellor, conseguindo darlle a volta ao resultado con moitísimo traballo, orde e sacrificio”.

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content