As pontinas reciben mañá (12:00h) ás ‘avellas’ no que será o primeiro partido da segundo volta tras as dúas xornadas disputadas en 2024.
O encontro, correspondente á décimo sexta xornada da Segunda División Galega, medirá este domingo no Municipal de Oira, a partir das 12.00 horas, a dous equipos que se viron as caras 3 veces cun balance en liga para as pontinas de 3 derrotas. Polo tanto, comezo complicado da segunda parte da campaña ante un dos mellores equipos do Grupo II.
O último antecedente en casa deuse o 6 de marzo de 2022. Ambos os equipos estaban empatados no alto da clasificación a 31 puntos, Chegando como líder o cadro pontevedrés a Oira e as azuis como colíderes. As ‘avellas’ rabuñaron tres puntos nun encontro que se decidiu cun solitario gol de Candela Rodríguez ao pouco de superar a media hora de xogo. Entón as distancias na táboa eran ben diferentes entre ambos os equipos, con todo, na presente campaña a escuadra amarela está tres puntos por encima das pontinas na táboa, na segunda posición. Esta tempada o encontro de ida en Mos en setembro de 2023 (primeira xornada) as de Andrés Moreira entón, golearon por 8-1 nas Baloutas.
As de Alberto Tamayo gañaron a pasada semana á SR Calo pola mínima nun duelo moi sufrido no que os dous equipos pretendían escalar postos nas posicións de fase de ascenso (os tres primeiros postos), mesma misión que as de Moreira que polo momento buscan, coas mesmas boas sensacións que nos últimos choques, conseguir un triunfo que as consolide no segundo posto esperando o erro de Concello de Boiro.
“Outro rival difícil, dos que van estar pelexando polos dous primeiros postos e sendo o primeiro partido da segundo volta, todos os partidos xa son finais e, neste caso, un rival directo. Afrontámolo sen medo, pero con respecto”, indicou o técnico na previa dun encontro para o que citou as seguintes xogadoras:
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Laura, Fifi, Sabela, Sampayo, Feijóo e Matilde.
Centrocampistas: Cloe, Aldarita, Candela, Aroa e Bonjoch.
Dianteiras: Clau, Vicky, Noui e Zaira.
O Mos ‘B’
O segundo clasificado do Grupo II presenta un balance de once triunfos, un empate e dúas derrotas. O Mos ‘B’ encadea catro partidos sen perder en Liga e soamente perdeu puntos a domicilio; as derrotas fronte a Arenteiro (1-0) e Calo (3-2) e o empate ante o Touro (4-4). Haberá que atar en curto á máxima goleadora do grupo, Miriam Martinez, autora de 21 goles nos 14 partidos disputados ata o momento.
Así, o partido correspondente á décimo sexta xornada da liga Feminina Galega dará comezo ás 12.00 horas deste domingo no Municipal de Oira, coa arbitraxe do colexiado do Comité Técnico de Árbitros de Ourense David Guzmán Falcón. O choque poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do club grazas aos medios de RosalíaTv.