Rosalía-Calo: primeiro partido de 2024

O senior comeza o ano no Municipal de Oira disputando a décimo quinta xornada de Liga (12:00h).

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía afronta no Municipal de Oira o seu primeiro partido do ano. As pontinas reciben ao Calo na décimo quinta xornada do campionato (12:00h). Mañá, o noso equipo tratará de sumar o seu décimo triunfo do curso tras despedir o 2023 cunha vitoria en casa ante o Porriño.

Quintas da liga e colocadas a catro puntos das nosas rivais, as de Tamayo afrontan o penúltimo partido da primeira volta do campionato

“Afrontamos este novo tramo da tempada coa ilusión intacta, despois dunha primeira parte interesante”, indicou Tamayo na previa. O ourensán recupera a Feijóo para unha convocatoria na que tampouco falta Zaira, que xa suma 9 tantos no campionato, e Noui, a segunda máxima goleadora do equipo, que marcou 6 dianas na competición.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Laura, Sabela, Feijóo, Sampayo e Matilde.
Centrocampistas: Cloe, Aldarita, Candela, Aroa e Bonjoch.
Dianteiras: Clau, Vicky, Zaira e Noui.

Calo
O rival da Escola de Fútbol Feminino Rosalía arrincou a xornada en segunda posición cun balance de 10 vitorias, 2 empates e 1 derrota. As de Jose Manuel Buján tratarán de manter a boa dinámica que as mantén invictos no últimos cinco partidos de Liga. A súa máxima goleadora é Nerea Coello, con 12 tantos.

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content