2-3: Cuarta vitoria na Liga

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía vence ao InterRías ‘B’ en O Revel cos goles de Feijóo, Vicky e Candela.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía derrotou á Viaxe InterRías ‘B’ e sumou a súa cuarta vitoria nas 6 xornadas de Liga disputadas. Os goles de Feijóo, Vicky e Candela selaron o segundo triunfo consecutivo do equipo a domiclio. Puido ser un. empate, pero Candela evitouno, co seu gol na segunda metade na que estivo moi inspirada. A nota positiva, os debuts de Aitana e Carballo, do Cadete.

O primeiro golpe non tardou en chegar. Córner a favor das locais, e Fifi despexa coa man o intento de gol olímpico, penalti. Irene Pesqueira non perdoa desde os once metros aos tres minutos de xogo (1-0). Seguiu avisando o equipo liliano cun centro de Lidia Bello que atopa un remate que sae fora por pouco, pero o certo é que pasado o cuarto de hora, Feijóo atopou premio sobre a portería de Noa Camiña para poñer táboas o marcador na primeira chegada pontina. Candela servía desde o banderín, Feijóo, atentísima, metía a bota para enviar á rede no minuto 18. InterRías encomendábase á calidade de Irene Pesqueira desde o sector esquerdo para buscar unha nova vantaxe pero nin a zaga nin Noa, moi atenta en todas as accións, estaban polo labor de que se saíse coa súa.

A partir do gol das nosas, as azuis deron un paso máis para buscar a vitoria e gozaron de dúas chegadas con perigo de Vicky, no 37′ Noa Camiña adiántase á dianteira no seu intento de remate e tres minutos despois tras xogada polo centro de Feijóo e Candela, conseguiu dar a volta ao marcador ao non fallar no man a man á gardameta rival (1-2). Ese empate espoleou máis ás locais, que tiveron o segundo tanto pouco antes do descanso, un disparo de Irene pega nunha das centrais e Noa, atenta, bloca. Inmediatamente despois, xogada polémica ao rexeitar a defensa coa man un remate de Clau que Montes Villar non acertou a ver. Un minuto despois do 45, Candela avisa do que faría na segunda metade, remate afastado que Noa Camiña para en dous tempos.

Vitoria nos mellores minutos das locais

Tras o descanso e despois de que Laura Iglesias tivese outra oportunidade no alongue cun contragolpe sensacional, o partido converteuse nun toma e daca, aínda que houbo menos ritmo por parte dos dous equipos, os achegamentos non cesaron, pero sen lograr o premio do gol. Ambos equipos comezaron a mover pezas desde o banco para unha reacción máis certeira e o certo é que foron as locais quen alcanzou o obxectivo buscado. Dez minutos despois de superar a hora de xogo, Aldarita cede o esférico a Noa ante a presión rival e a gardameta azul cólleo coa man, libre directo a favor de InterRías. Laura Iglesias pon as táboas no ‘luminoso’ por segunda vez. Non cambiou o guión tras o empate, InterRías foi a por o partido, pero esta vez o noso equipo acertou antes coa portería rival. Candela, do mesmo xeito que ao final da primeira parte, viu un oco na o defensa rival e colocou o balón, cun potente disparo, na rede no 86′. De aí ata o final, non habería máis chegadas perigosas e o 2-3 mantívose no inamovible. Agora, outros dous partidos en cinco días tras unha vitoria menos merecida, pero eso é outra historia, este mércores é día para mostrar de novo boa cara e mirar ao futuro con fe e convicción.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content