O fin de semana saldouse coa vitoria do Cadete ‘Azul’ e a derrota pola mínima do ‘Amarelo’.
Os dous representantes da Escola de Fútbol Feminino Rosalía tiveron compromisos oficiais esta fin de semana. As de Tamayo visitaron ao Tomiño con vitoria por 1-4, mentres que as xogadoras de Javier Alonso víronse superadas pola mínimo co Valladares no Municipal de Oira.
EFF Rosalía ‘Amarelo’-CD Valladares
Non puideron facer máis as xogadoras de Javier Alonso nun partido que se puxo costa arriba aos 12 minutos de xogo. A pesar de saír dominando e polo partido, Albela Pardo adiantou ás súas nunha contra que pillou descolocada á defensa local. O gol espoleó ás viguesas, que se asentaron no campo e aumentaron a vantaxe no 37′ co segundo, obra de Paula Armada.
Na continuación, as pontinas saíron decididas a darlle a volta ao marcador e cinco minutos despois da continuación Candela Losada recortou distancias nun xogada individual desde o sector dereito que remato ao fondo da rede. O gol espoleó ás nosas e catro minutos despois, Sara, desde a esquerda, logra o empate. O dominio era das nosas e así foron a por o partido, pero unha xogada desafortunada no tramo final dió a vitoria ás visitantes. Falta a favor do Rosalía, o centro rexéitao Adriana Poceiro e no contragolpe Paula Armada marca o terceiro, a pesar da estirada de Paula Pérez, que estaba inconmensurable ata o momento. Inxusta derrota nun partido de domino por cada equipo en cada tempo.
Tomiño FCF-EFF Rosalía ‘Azul’
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía ‘Azul’ mostrou o seu mellor mellor versión durante o encontro celebrado no Municipal de O Alivio contra Tomiño, o cual finalizou cunha goleada (1-4). Con esta derrota as locais quedan en novena posición tras o final do duelo, mentres que as nosas lograron a vitoria cos goles de Antía (2), Irene e Nair, dándolle a volta ao gol inicial de Alba Baz no minuto 16′.