Esta tempada, a liga dividirase en dúas fases, debido ao comezo tan tardío da competición.
O equipo da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía que milita na Liga Galega Promesas Feminina xa coñece o seu correspondente calendario de face á primeira fase do curso 2020/21. Un curso no cal non se introducen modificacións no sistema de competición, un ano máis os 11 clubs participantes estarán divididos en dous grupos, Norte e Sur.
Grupo Norte
- SCDR Narón o Freixo
- EF Luís Calvo Sanz
- Victoria CF
- SCD Pastoriza
- Xuventude Crendes
Grupo Sur
- EFF Rosalía
- UD Mos
- Atlético Arousana
- CD Valladares
- Umia CF
- Lóstrego CF
A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía, dirixida por María Feijóo e Miguel Saa, está encadrada no Grupo Sur, que arrincará recibindo ao Umia o próximo domingo, nunha competición ao uso de todos contra todos que rematará o 16 de Xuño co visita do Valladares ao Monte da Aira.
Concluída a primeira fase a dobre volta, os dous primeiros clasificados accederán directamente á “Final Four”. Dita fase disputarase nunha sede neutral a partido único en formato semifinais/final, sendo os emparellamentos:
Semifinal 1: 1º Grupo Norte vs 2º Grupo Sur
Semifinal 2: 2º Grupo Norte vs 1º Grupo Sur
Á súa vez, a diferenza doutros anos, os conxuntos que acaben a primeira fase situados por baixo da segunda praza darán por terminada a súa participación.
Cabe destacar que esta temporada como principal novidade os desempates en caso de empate a puntos dirimiranse polo coeficiente de deportividade (fair play)
No caso do noso club, esta tempada e debido as restricción sanitarias ocasionadas polo covid-19, foinos imposible facer captación de xogadoras nesta idade de competición, polo cal este ano presentamos só un equipo na competición. O plantel ten unha diversidade máis grande do normal no tema de idades e inda que o mellor se perde algo de nivel competitivo, si que é certo que conseguimos xuntar un bo número de xogadoras noviñas que a ben seguro nuns anos serán o futuro da “febre azul”.