3-1: O Infantil non logra puntuar no primeiro partido do ano

O Orzán remontou un partido marcado pola igualdade, xa que ata os minutos finais as locais non sentenciaron.

A EFF Rosalía Infantil non puido sumar os primeiros puntos de 2020. As azuis perderon na Cidade do Fútbol de Abegondo ante o Orzán (3-1) un partido no que se adiantou no marcador cun gol de Lidia. Con todo, o conxunto local remontou na primeira parte e levou a vitoria. O encontro estivo marcado polo estado do campo e a superioridade física das locais, que fixeron facer a súa fortaleza física e mellor adaptación a un terreo de xogo que estaba moi “pesado”. O partido foi adiantado ao martes para celebrar os reis visitando ao Depor Abanca.

A igualdade predominou nun inicio de partido con poucas ocasións. Aos poucos, o Infantil comezou a levar a iniciativa do xogo e a entrar polas bandas. No 6’, Lidia rematou un pase en profundidade dentro da área ao que Antía nada puido facer. As azuis levaban a batuta e parecía o partido encarrilado pero según avanzaban os minutos as locais empezaron a chegar con claridade á área. Unha ocasión de Nuria precedeu o gol amarelo. Maca, unha das melloras nas locais, marca o empate no 16’ e o partido cambia por completo.  Nos seguintes minutos as ocasións máis claras chegaban do lado local, encabezadas por Maca, que seguía creando moito perigo dende a banda esquerda pero sería Paula Sánchez (19’) quen volvía superar a Valeria e completar a remontada antes do descanso.

Segunda metade
O Infantil seguiu buscando o segundo tras o paso polos vestiarios. Alba facía cambios no once e ante a baixa das súas dianteiras habituais, colocou a Silvia Sampayo en punta e a pesar do bo rigor táctico do Orzán as azuis tiveron varias ocasións para empatar o encontro. Con todo, as pupilas de Alba Rodríguez non conseguiron superar a meta defendida por Antía e dúas ocasións claras de Candela Bouzas e Cuquejo. As azuis non baixaron os brazos a pesar do cansanzo acumulado polo estado do campo pero as locais se fixeron co control do partido e o marcador xa parecía que non se ía a mover pero co tempo case resolto, Paula Sánchez (77’) sentencia a falta de 3 minutos para o final.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content