Desprazamento especial na volta a competición.

A EFF Rosalía regresou á competición cun desprazamento moi especial. As azuis viaxaron ata a provincia de A Coruña para presenciar o encontro correspondente á xornada 8ª da Liga Infantil que enfrontaba as súas compañeiras e o Orzán no sintético de Abegondo, lugar habitual dos adestramentos dos diferentes equipos da estructura do RC Deportivo de A Coruña.

A expedición da EFF Rosalía en Abegondo.

Ata Abegondo se desprazaron a maior parte das compoñentes dos equipos sénior, infantil, promesas da EFF Rosalía e alcunha jogadora mais do CD Velle e Antas do Ulla, que nada máis chegar recibían a primeira sorpresa ao saltar ao Campo 2 os compoñentes da primeiro plantel do Deportivo, aos cales puideron ver adestrar mentres non comezaba o partido das súas compañeiras. 

Ás doce do mediodía a EFF Rosalía Infantil saltaba ao sintético para enfrontarse ao Orzán, partido do que mañá falaremos na súa crónica correspondente. Unha vez rematado, comida de todas as compoñentes e membros do staff técnico no establecemento do patrocinador principal das competicións infantil e promesas galegas, Pizza Móvil.

Unha vez repostas as forzas, volta a Abegondo para recibir o agasallo de Reis que a directiva da EFF Rosalía tiña preparado para toda a “familia” da escola, asistir e coñecer as xogadoras do Depor Abanca, flamante 4º clasificado da Liga Iberdrola e que conta nas súas filas con algunha xogadora xa coñecida polas pequenas do club, como Patri Díaz, que asistiu de madriña ao partido co que o club despedía a pasada tempada.

Costou un pouco soltarse ao ver as xogadoras deportivistas pero pouco a pouco foron achegándose para facerse fotos, pedir autógrafos e cambiar impresións, entre outras, coas Miriam, Teresa Abelleira, Peke, Alba Merino, Misa, Laura, Maya e a propia Patri Díaz.

Foto de familia no Campo 1 de Abegondo.

Unha vez feitas as fotos de rigor, selfies, Manu Sánchez, adestrador do Depor Abanca, convidou a todas as xogadoras da escola a presenciar o adestramento de recuperación a pé de campo e ver como se desenvolvían as novas ídolos dunha xeración de nenas que xa reflectían nos seus ollos o soño de verse nun futuro xogando na competición máis grande do fútbol feminino nacional.

Agradecer enormemente a labor de cicerone de Manu Sánchez e a paciencia de Sullastres, Misa, Miralles, Silvia, Miriam, Nuria, María Méndez, Bedoya, Laura, Noelia, Érika, Cris, a nosa Patri Díaz, Teresa Abelleira, Iris, Alba Merino, Arbeláez, Maya ,Michelle, Athenea, Peke e Gabi, pero non queríamos rematar sen destacar a Lucía Piñeiro, preparadora física, que se viu sorprendida pola avalancha de autógrafos que tivo que firmar.

Check Also

O Campus de fútbol regresa do 24 ao 28 de xuño

O Campo de fútbol de Soutopenedo acollerá as sesións técnico-tácticas e o plazo de inscripción …

Ir o contido