Liga Promesas: O derbi ourensán adiántase unha semana

Unha intoxicación alimenticia e a inminente finalización da primeira volta propician o cambio toda vez que a nosa escola ve positivo disputar o máximo número de partidos posibles.

Con guión surrealista como si dunha película de Almodovar se tratara se vai a disputar as xornadas finais da primeira volta da Liga Galega Promesas, onte xoves á noite chamábannos do Juventud de Cambados que un virus afectara a maioría da súa plantilla promesas, así como á súa adestradora, quedando só seis xogadoras dispoñibles para desprazarse o sábado a xogar contra o Promesas B.

A segunda volta comeza o 25 de xaneiro e a norma federativa di que todos os partidos da primeira volta deben de estar disputados antes de tal data. Ante o curto prazo de datas a única solución para que as nosas pequenas do Promesas B puideran xogar tódolos partidos programados de Liga sería adiantar o derbi da semana que ven entre a EFF Rosalía “A” e a EFF Rosalía “B” e xogar o partido co Juventud de Cambados o día 18.

A solución sabemos que a 24 horas do partido é un transtorno para as familias do Promesas “A”, que contaban descansar e moitos xa fixeran planes, pero dende a nosa escola sempre procuramos que as nosas rapazas xoguen o maior número de partidos posibles.

Mañá disputarase un derbi descafeinado, con moitas baixas nun Promesas “A” que contaba descansar.

O que máis nos chama a atención esta tempada é os numerosos problemas que os clubes de máis alá da Cañiza estannos a por polos desprazamentos a xogar os seus partidos en Ourense, así vemos moi difícil que máis clubes da nosa provincia se animen a crear equipos.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content