3-1: O Infantil vence ao Victoria e xa está na final da Liga Galega

Ester, con tres goles, deu o triunfo ás azuis, que se medirán ao Orzán polo campionato na final (sábado, 11:15 h).

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía xa está na final da Liga Galega. As pontinas impuxéronse en casa ao Vitoria CF (3-1) e pecharon a eliminatoria na primeira parte. Ester, que asinou un Hat-trick, foi a autora dos tantos do filial azul no Monte da Aira. O vindeiro sábado (11:15 h), o noso equipo medirase ao Orzán co título en xogo.

Os primeiros minutos do encontro foron moi igualados pero aos poucos o equipo dirixido por Alba Rodríguez foi apropiándose do partido. Puido marcar Cuquejo para o infantil aos 5′, tras chutar unha falta desde o bordo do área que cometera sobre Claudia Castro, que termina en córner. Máis clara foi a réplica do Victoria. Unha indecisión de Laura e Bonjoch no despexe dun balón termina aos pés de Lola, o seu remate pasa cerca do pau. O equilibrio rompeuse tres minutos despois. Ester, recolle unha rexeite no área e asinou o primeiro, 1-0. As azuis dominaban o ritmo pero custáballes crear ocasións claras.

Golazo de Ester e sentencia
O guion cambiou tralo nivel que estaba ofrecendo Ester ofensivamente. Dous goles nos últimos cinco minutos sentenciaron o partido. De especial beleza o primeiro, Ester recibe en banda e logo de superar a defensa de tres xogadoras do Victoria, cruza á escuadra contraria onde Ana nada podía facer. Tres minutos mais tarde, as mesmas protagonistas. A centrocampista rouba o balón á central coruñesa e plántase cara a cara con Ana, supéraa por baixo e resolve a eliminatoria cunha vantaxe de tres goles nos primeiros 40 minutos.

Segunda metade sen tensión
Á volta de vestuarios o ritmo cambiou por completo. As locais, con tres goles de vantaxe, relaxáronse e o partido non foi como na primeira metade. Nerea marcaba a saída dunha falta, pero o gol era anulado nunha xogada moi protestada porque en primeira instancia non parecía que a dianteira estivese por diante das defensas. Alba daba entrada a Andrea por Valeria no 25′. A porteira non tivo mellor estreo. Falta perigosa que tira Andrea Fernández e boa intervención da recentemente chegada baixo paus. Co tempo case cumprido, recortan distancias as “cebras”. Aldara comete penalti e Ana Pereira non falla, malia que a porteira chega a tocar o balón. Con este gol concluía o partido e o infantil certificaba a súa clasificación para a final da Liga Galega Infantil. Espérao o todo poderoso Orzán da Coruña.

Alba dando instruccións nunha fase do encontro.

Alba Rodríguez atendía aos medios do club ao remate do encontro: “A primeira parte do noso equipo foi moi boa, conseguimos encerralas gran parte dos 40 min no seu campo, recuperando rápido logo de perdida e creando perigo sobre todo polas bandas”. Gran papel o realizado en ataque por Ester e en defensa por Laura Añón, pero a adestradora non quixo destacar soamente o partido delas dous “Ester e Laura, na súa liña. Son dous xogadores dun altísimo nivel que compiten moi ben e dannos moita seguridade ao equipo. Ademais delas, hai que destacar o bo xogo no medio de Cuque, recuperando moitos balóns, de Bonjoch cumprindo en calquera posición e Sara e Nair filtrando continuamente balóns e pechándose rápidamente logo de perdida”. Unha vez certificado o acceso á final por un grupo que logra éxito tras éxito, Alba mostrouse orgullosa das súas xogadoras “Este grupo ten un potencial incrible, desde Valeria, con moitísima calidade baixo paus aportando moita seguridade ao equipo, a todas e cada unha das compoñentes do plantel, que conseguen que gocemos vendoas cada fin de semana. Para min é unha sorte poder pertencer a este gran grupo que son moito máis que un equipo. Agora a gozar desta final que tanto merecen!!”

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content