Logo de dez xornadas terminaba a aventura do Promesas na Liga 2020/21 cun espectacular partido que fixo vibrar aos afeccionados ata o último minuto.
Con nada en xogo, ao quedar ambos equipos fora da Fase Final da Liga Promesas, o partido do pasado domingo no Monte da Aira supuxo a despedida das azuis á Liga 2020/21 ante os seus afeccionados. A climatoloxía non acompañaba moito e a priori era un partido sen demasiada tensión, pero todo cambiou en canto Adrián Rodríguez sinalou o comezo do partido.
As olívicas do Valladares entraron máis enchufadas cas nosas peques. Esto valeulles para abrir o marcador e conseguir unha ventaxa de dous goles, pero a base de garra e pundonor as azuis foron quen de igualar o marcador. Cando todo parecía que se iba a decantar polo cadro local chegaron os mellores minutos do Valladares nos que se adiantou e parecía claro que se iba a levar o partido, pero nun final cardíaco as pontinas repuxéronse e a un minuto do final conseguiron porse por diante, 4-3. Resultado co que terminaba o encontro.
Feijóo, adestradora das Promesas valorou ao final do partido da seguinte maneira o encontro: “Era un partido para disfrutar, con nada en xogo e esa falta de tensión fixo que sairan algo durmidas, pero conseguiron repoñerse e ao final voltear o marcador nos minutos finais”. En canto a tempada finalizada a nivel competitivo a adestradora declarou que “en canto a tempada foi moi rara, sen saber se sairía a competición ata o último momento e ao final todo moi apurado. Tivemos a mala sorte de non poder sacar dous equipos como anteriormente, ao non poder facer captación por temas covid e por iso tiñamos rapazas de idades demasiado variadas e de todos os niveis. Foi moi difícil de xestionar os entrenamentos adaptados para todas e complicounos moito a tarefa”.
Quedamos contentos polo traballo feito aunque nos houbese gustado conseguir un pelín máis a hora de a volta conseguir mellores resultados.