O filial mereceu mais no partido disputado no Elviña Pequeño
A EFF Rosalía Infantil non logrou puntuar na súa visita ao Elviña Pequeño no partido correspondente á décimo segunda xornada de Liga. O filial azul perdeu fronte ao líder Victoria CF “D” un encontro no que tivo oportunidades para conseguir un mellor resultado pero a superioridade física das coruñesas se impuxo na segunda metade. Con todo, o acerto das locais decidiu partido no que o Victoria continua invicto na competición.
O encontro arrincou con bo ritmo e o infantil buscando crearlle problemas ao Victoria. As azuis no minuto 15′, con tiro dende fora do área de Lucía Yu, encaixan o primeiro, xarro de auga fría na mais comezar. Dous minutos mais tarde, Daniela, que marca seu cuarto gol nos derradeiros tres partidos, empata o partido tras unha recuperación na presión sobre as coruñesas.
Tras o descanso o conxunto azul foi pola vitoria a pesar da superioridade física das rivais pero o segundo gol recibido foi un mazazo do que xa non se recuperaron. Claudia Oanes marca o 2-1 no 63′. A EFF Rosalía seguiu loitando pero as forzas non eran as memas e a superioridade física do Victoria fixo o resto, no 73′ Carlota dita sentencia ao marcar o 3-1 en posición dubidosa. Derrota das azuis ante un líder que coñece todos os partidos por vitoria esta tempada.